Hoxe, os coelliños realizaron unha visita ao traballo da mama de Noe. Visitamos a residencia xeriatrica Concepción Arenal, moi preto do noso centro.
Aprendimos novos oficios, traballadora social, administrativa, terapeuta, animador, auxiliar de enfermería ...
E fixemos unha actividad cos residentes, persoas maiores que nos contaron os seus oficios e compartiron connosco un ratiño moi agradable. Poidemos falar cun mariñeiro, unha guía turística, unha limpadora de correos, un biólogo, unha labrega...
Unha vez rematada a actividade interxeracional, o persoal da residencia convidounos cunha merenda. Estamos moi agradecidos de poder participar nesta actividade.Os coelliños para agradecer a visita fixeron un pequeno libro que lle agasallaron os residentes que fixeron a actividade con eles.
Ao final da visita todos xuntos fixemos unha foto coa estación do inverno.
OS COELLIÑOS
Enlaces
jueves, 7 de febrero de 2019
martes, 29 de enero de 2019
Saída ao CGAI
A pasada semana, as nenas e nenos de 4 e 5 anos, realizaron unha saída ao CGAI. Alí poideron visualizar dous cortos, sobre un rato pequeno, moi astuto, que foi capaz de facer que un Grúfalo non o comera.
Os nenos e as nenas estiveron moi atentos e portáronse fenomenal.
Se vos apetece tamén podedes ir á biblioteca e coller prestado o libro. Seguro que lles gusta!!
viernes, 19 de octubre de 2018
PRIMEIROS DÍAS DE CLASE
Ola familias! Aquí vos deixo unhas fotografías dos primeiros días de cole.
Que pasedes un fin de semana estupendo. Unha aperta
Ruth
Fixemos marcapáxinas de coelliños
Votamos o proxecto deste trimestre coas amigas e amigos dos Coelliños.
Pintamos no patio.
Participamos cos gatiños e gatiñas nun taller de pintura ao aire libre
Empezamos a traballar as profesións.Laura mostrounos a súa novela,xa que ela ademais de traballar no cole é escritora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)