viernes, 26 de mayo de 2017

Actividades coas familias

Os coelliños están encantados coas actividades que realizan as súas familias.
Familia  Lucía: 
A nai e irmá de Lucía viron ao cole a estar un tempiño connosco. Sara, alumna de 1º de educación primaria contounos un conto 







 Logo todos xuntos preparamos unha pizza de xamón, queixo. Primeiro colocamos os gorros, cada un co seu nome.











Preparamos os utensilios e ingredentes





 Botamos tomate na masa



 Colocamos o queixo e o xamón























                                                           
                                                                  Resultado final


 Unha vez rematada , a mamá de Lucía levou as pizzas o forno da súa a casa. Cando estiveron listas, volveu ao cole con elas e tivemos unha merenda italiana.




Familia de Diego: A mamá de Diego contounos a fermosa historia de A que sabe la luna. 
As coelliñas e os coelliños estiveron super atentos.







Moitísimas grazas a todas.

martes, 16 de mayo de 2017

Día da Familia

Onte foi o día da Familia, un día moi especial para a clase dos Coelliños.
As nenas e os nenos estiveron encantados de prepararlles un agasallo as súas familias.
A colaboración familia-escola é fundamental nesta etapa, de aí que se potencien as actividades de implicación familiar.
A través do Protagonista da semana, cada familia pode participar na clase facendo o que máis lle guste e dende aquí quero agradecervos esta gran implicación, tan importante no proceso de ensino- aprendizaxe. É importante que todos xuntos busquemos un mesmo criterio educativo o que fará que nenos e nenas aprendan a ser autónomos, críticos, con intereses propios... e o máis importante "que veñan a escola felices".
Aquí vos deixo algunhas mostras das actividades que se fixeron ao longo do curso. Non están todas, xa que un pequeno incidente (roubo do meu anterior móbil) fixo que moitas delas se perderan.
Agradecendo outra vez máis a vosa implicación.
Unha aperta.

Ruth

Familia Kiara: Mago Rebo





 Familia Mafalda: Canción e conto.















Familia Gonzalo: Profesións: Médico

















 Familia Kiara: Visita ambulancia