Ola a todos/as:
O pasado mércores realizamos unha saída moi emotiva. Os Coelliños visitaron o centro de día onde traballa a nai da coelliña Sabela.
Chegamos ao centro e os maiores estaban agardándonos. Fixemos unha asamblea acerca da natureza e lles cantamos a canción "A horta de Balbina". Eles tamén nos cantaron unha canción que foi: "Vamos a contar mentiras, tralará". Despois tomamos unha rica merenda e por último axudáronnos a facer un bonito marcapáxinas.
Foi unha experiencia marabillosa ver como os nosos maiores estiveron tan contentos con nós, e tamén como os coelliños gozaron coas súas historias e agarimos.
Estamos seguros que esta saída hai que repetila, porque foi moi enriquecedora para todos/as.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro , en especial á nai de Sabela e a César, Sonia e Alba que tamén quixeron acompañarnos.
Unha aperta.
Enlaces
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 22 de marzo de 2017
miércoles, 3 de febrero de 2016
Actividades xaneiro
No mes de xaneiro fixemos varias actividades que nos gustaron moito.
Unha delas foi a receta das trufas de chocolate. Estaban requeteboas.
A outra a saída o parque de bombeiros onde os rapaces e rapazas gozaron subindo aos camións, probándose os cascos...
Unha delas foi a receta das trufas de chocolate. Estaban requeteboas.
A outra a saída o parque de bombeiros onde os rapaces e rapazas gozaron subindo aos camións, probándose os cascos...
jueves, 13 de marzo de 2014
Visita ao Mac
Ola a todos/as:
Hoxe os Coelliños foron de visita ao Mac. Foi moi interesante, xa que aparte de observar cadros e esculturas, puideron aprender que persoas traballan nun museo: recepcionista, persoal de mantemento, restauradores, limpadores... Ademais a profe púxose moi contenta, xa que hoxe, os Coelliños portáronse fenomenal.
Saúdos
Ruth
sábado, 1 de marzo de 2014
Entroido 2014
Onte foi un día moi especial para todos os nenos e nenas do noso centro. Os coelliños/as viviron o seu primeiro entroido no cole e iso non vai ser fácil de esquecer.
Preparar este primeiro entroido foi moi laborioso e as familias fixeron un gran traballo coa elaboración dos disfraces.
Ante todo agradecer esta colaboración a todas as familias, mestres, coidadoras... que fixeron do pasado 28 de febreiro un gran día.
Unha aperta moi grande e desexarvos que estes días sexan moi divertidos para todos/as. E... moito coidado cos empachos!

viernes, 13 de diciembre de 2013
Visitando a biblioteca
Hoxe tivemos una saída. Sabedes o que fixemos?
Estivemos na biblioteca González Garcés. Alí hai una marea de libros, Elena contounos algúns deles, pero o que máis nos gustou foi «OH!» escrito por Josse Goffin e editado pola editorial Kalandraka que ten libros moi recomendables para os nenos e nenas pequenas.
A lectura de libros e o acercamento á literatura está presente no día a día da nosa escola, por iso intentamos levar a cabo actividades e experiencias que favorezan o gozo pola lectura nos máis pequenos/as.
É moi importante que escola e familia compartan os mesmos criterios educativos polo que vos animo a asistir as bibliotecas da nosa cidade ou a centros cívicos onde se leven a cabo actividades de "contacontos" para os vosos fillos/as.
Se tedes ocasión participade cos vosos fillos nas actividades que ofrecen as diferentes bibliotecas:

- Biblioteca González Garcés: Bloggit
- Bibliotecas municipais: "Meriendas con cuentos"
- Se preferides quedar na casa, aquí tedes outra alternativa: lecturalab
domingo, 1 de diciembre de 2013
Educación vial
A clase dos Coelliños fixo a súa primeira saída en bus. Todos os nenos e nenas estaban moi entusiasmados e comportáronse dunha forma excepcional nesta primeira viaxe no CEIP "Ramón de la Sagra". Antes da saída recordamos as normas básicas de educación vial, tanto de peóns como de viaxeiros de bus.
Aquí tedes as fotos onde podedes comprobar como todos os nenos/as levaban posto o seu cinturón de seguridade no transporte escolar.
A labor dos educadores e das familias é fundamental para que os nenos/as aprendan as normas básicas de seguridade vial do trasporte escolar, dos peóns e da utilización dos distintos sistemas de retención infantil nos vehículos. Nas seguintes páxinas tedes información útil de diversos sistemas de retención infantil para nenos e nenas de distintas idades: · La silla que cuida - DGT
· retensioninfantil.blogspot.com

domingo, 21 de abril de 2013
Castelo de San Antón
O pasado xoves os Coelliños e os Gatiños visitamos o Castelo de San Antón. Pasámolo moi ben!
domingo, 17 de febrero de 2013
Visita ao Mac
O pasado venres a clase dos Coelliños visitamos o museo. Unha das actividades que fixemos foi un teatro de máscaras. Aquí tedes o vídeo. Agardamos que vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)