martes, 12 de septiembre de 2017

Benvidos ao novo curso

Onte , despois das vacacións , a clase dos coelliños e das coelliñas volveu a encherse de vida. Todos os nenos e todas as nenas estiveron moi contentos, xa non houbo choros coma no curso anterior e o transcurso da xornada desenvolveuse adecuadamente.
Faltaron tres nenos que agardamos que pronto se incorporen.
Aquí vos deixo unha foto do primeiro día de curso.