miércoles, 3 de febrero de 2016

Celebrando o dia escolar da Non violencia e da Paz

O pasado venres 30 de xaneiro todo o centro celebrou o día da Paz. Fixemos varias actividades e unha gran festa no patio. O lema da nosa clase foi Axudamos aos compañeiros. É importante que tanto na casa coma na escola tratemos estos valores todos os días, isto fará que os nosos Coelliñós sexan, nun futuro, máis tolerantes (aínda que na medida das súas posibilidades xa o son) e en definitiva "boas persoas".

Actividades xaneiro

No mes de xaneiro fixemos varias actividades que nos gustaron moito.
Unha delas foi a receta das trufas de chocolate. Estaban requeteboas.



A outra a saída o parque de bombeiros onde os rapaces e rapazas gozaron subindo aos camións, probándose os cascos...