Onte foi o día da Familia, un día moi especial para a clase dos Coelliños.
As nenas e os nenos estiveron encantados de prepararlles un agasallo as súas familias.
A colaboración familia-escola é fundamental nesta etapa, de aí que se potencien as actividades de implicación familiar.
A través do Protagonista da semana, cada familia pode participar na clase facendo o que máis lle guste e dende aquí quero agradecervos esta gran implicación, tan importante no proceso de ensino- aprendizaxe. É importante que todos xuntos busquemos un mesmo criterio educativo o que fará que nenos e nenas aprendan a ser autónomos, críticos, con intereses propios... e o máis importante "que veñan a escola felices".
Aquí vos deixo algunhas mostras das actividades que se fixeron ao longo do curso. Non están todas, xa que un pequeno incidente (roubo do meu anterior móbil) fixo que moitas delas se perderan.
Agradecendo outra vez máis a vosa implicación.
Unha aperta.
Ruth
Familia Kiara: Mago Rebo
Familia Mafalda: Canción e conto.
Familia Gonzalo: Profesións: Médico
Familia Kiara: Visita ambulancia