viernes, 6 de febrero de 2015

Taller do bebé

Como todos sabedes fai uns días tivemos a sorte de ter na clase un bonito taller acerca de cómo nacen os bebés.
Grazas a asociación El parto es nuestro e a colaboración de Laura ( integrante desta asociación)  poidemos aprender unha chea de cousas sobre os bebés e o seu nacemento.




Ao principio o bebé que está dentro da súa nai é coma unha lentelliña.












Convertémonos en embarazadas, médicos e acompañantes.











Fixemos debuxos do taller.


E por último xogamos a coidar o bebé.
Foi  moi divertido

miércoles, 4 de febrero de 2015

VISITA AO MAC

Hoxe a clase dos Coelliños realizará unha visita moi interesante. Iremos ao Mac e seguro que aprendemos moitas cousas. Xa vos contaremos.

viernes, 30 de enero de 2015

Día escolar da non violencia e da paz.

Ola a todos/as:
Con motivo da celebración do día conmemorativo do Día escolar da non violencia e da paz, os Coelliños traballamos con esta fermosa poesía de Gloria Fuertes.

LOS JUGUETES SON PARA JUGAR A JUGAR (DE VERDAD)
NO PARA JUGAR A MATAR (DE MENTIRA)
LAS PISTOLAS (NI DE AGUA)
EL REVOLVER (NI DE BROMA)
LA ESCOPETA (NI TOCARLA)
LOS JUGUETES PARA TODO

Y LAS ARMAS PARA NADA.
Feliz día e que teñades unha boa fin de semana ( aínda que chova)
RUTH

martes, 20 de enero de 2015

Audicións

Como xa estamos na estación do inverno, os Coelliños, gozan con esta audición : O inverno de Vivaldi.

Proxectos



Ola a tod@as:
Despois das vacacións de Nadal, os Coelliños comezan novos proxectos. Un a nivel centro, China, e outro compartido ca clase dos Gatiños, O bebé.
O recuncho  do bebé empeza a encherse de cousas, pero o de China aínda está un poco baleiro.
En canto ao proxecto do Bebé vimos un vídeo moi interesante En el vientre materno e mañá imos realizar un taller en colaboración ca asociación El parto es nuestro.
Seguiremos informando das actividades dos dous proxectos.
Mañá tamén realizaremos un taller de educación vial en colaboración co concello de A Coruña.


Unha aperta
Ruth