viernes, 30 de enero de 2015

Día escolar da non violencia e da paz.

Ola a todos/as:
Con motivo da celebración do día conmemorativo do Día escolar da non violencia e da paz, os Coelliños traballamos con esta fermosa poesía de Gloria Fuertes.

LOS JUGUETES SON PARA JUGAR A JUGAR (DE VERDAD)
NO PARA JUGAR A MATAR (DE MENTIRA)
LAS PISTOLAS (NI DE AGUA)
EL REVOLVER (NI DE BROMA)
LA ESCOPETA (NI TOCARLA)
LOS JUGUETES PARA TODO

Y LAS ARMAS PARA NADA.
Feliz día e que teñades unha boa fin de semana ( aínda que chova)
RUTH

martes, 20 de enero de 2015

Audicións

Como xa estamos na estación do inverno, os Coelliños, gozan con esta audición : O inverno de Vivaldi.

Proxectos



Ola a tod@as:
Despois das vacacións de Nadal, os Coelliños comezan novos proxectos. Un a nivel centro, China, e outro compartido ca clase dos Gatiños, O bebé.
O recuncho  do bebé empeza a encherse de cousas, pero o de China aínda está un poco baleiro.
En canto ao proxecto do Bebé vimos un vídeo moi interesante En el vientre materno e mañá imos realizar un taller en colaboración ca asociación El parto es nuestro.
Seguiremos informando das actividades dos dous proxectos.
Mañá tamén realizaremos un taller de educación vial en colaboración co concello de A Coruña.


Unha aperta
Ruth



                                          

sábado, 20 de diciembre de 2014

Cartas a Papá Noel.

Con motivo destas festas de Nadal, Papá Noel veu dende moi lonxe a recoller as nosas cartas. Todas as clase de infantil e 1º e 2º de primaria escoitamos un bonito conto e logo lle entregamos as cartas cos nosos desexos.









Despedida de Jeni

Hoxe tivemos unha chea de emocións, foi un día moi divertido, como xa veredes en próximas subidas ao blog, pero Jeni, a nos profe de prácticas, ten que volver a universidade e por iso despedímola con agasallos e moitos mimos. Ela convidounos cun rico biscoito de iogur e chocolate e como remate final nos fixo un concerto de gaita.
Ata sempre Jeni, volve pronto
Unha aperta moi forte de todos os Coelliños e Ruth