lunes, 26 de junio de 2017

Festival fin de curso 2


 Aquí vos deixo os vídeos da actuación





Festival fin de curso

Ola a todos e todas:
O curso xa rematou e agora toca descansar. O primeiro de todo é darvos as grazas pola inmensa colaboración que houbo por parte das familias coa aula. Este feito fai que os nenos e nenas se sintan cómodos e que todo se desenvolva dun xeito adecuado. Desexarvos un bo verano no que os nenos e nenas gocen da liberdade de horarios, do campo, da praia, da familia ...
Eu estarei no cole ata o xoves así que calquera dúbida que teñades sobre o curso ou se alguén se esqueceu algunha cousa... , xa sabedes que podedes vir e preguntar.
O diario de aula rotara polas familias en formato dixital no mes de setembro para que poidades imprimilo en cor se vos apetece.
Graciñas por todo e a gozar...
Unha aperta
Ruth


Preparándonos ( Yo voy a ser el rey león)









 Actuación


 

 


Preparándonos ( El ciclo de la vida)





                                                                       Actuación





                                 Grazas a todas a familias 
                                                                    


lunes, 19 de junio de 2017

Mago Rebo

O pasado venres o mago Rebo veu ao noso cole a facer un gran espectáculo de maxia. Estiveron invitados todos os nenos e nenas de infantil así como os nenos e nenas de primaria.  Os nenos e nenas pasárono xenial e riron moitísimo. Dende a clase dos Coelliños queremos dar as grazas a familia de Kiara e en especial o seu pai que fixo que o venres pasáramos un día formidable.
Grazas Mago Rebo.










Rutas urbanas


Fai uns días os Coelliños e os Gatiños tiveron a sorte de poder visitar o parque de Santa Margarita. Alí grazas a unhas formidables monitoras puideron facer diferentes actividades sobre o coidado do medio ambiente. Os nenos e nenas pasárono fenomenal  e "traballaron" moito axudando o trasno "Cascanueces" a recoller o parque.












lunes, 5 de junio de 2017

A voar...

Este fin de semana, seguro que algunha coelliña ou algún coelliño contou a súa experiencia de voar na escola.
Pois algo de certo hai!
O papá e a mamá de Roi trouxeron unha hamaca voadora para que os nenos e nenas sentiran o pracer de voar facendo unha das cousas que máis lles gusta " pintar"
Aquí vos deixo unha mostra do ben que o pasaron. Pouco a pouco subirei as fotos de todos os coellños e coelliñas.


















Boa semana
Ruth