O pasado venres, os coelliños, gatiños, tartarugas e osiños asistiron a unha sesión de cine no Centro galego de artes de imaxe.
Todos os nenos e nenas estiveron moi atentos os cinco cortos que nos proxectaron. Aquí vos deixo os títulos.
Unha aperta
Ruth e Tania.
Os coelliños e coelliñas están moi entusiasmado co proxecto do bebé.
Onte grazas a asociación El parto es nuestro, tivemos unha experiencia moi interesante, Laura veu a nosa clase a facer algo distinto, un taller , onde aprendemos como se forma unha nova vida e como nacen os bebés. Tamén coñecemos aspectos da alimentación do bebé e fixemos diferentes escenificacións.