sábado, 20 de diciembre de 2014

Cartas a Papá Noel.

Con motivo destas festas de Nadal, Papá Noel veu dende moi lonxe a recoller as nosas cartas. Todas as clase de infantil e 1º e 2º de primaria escoitamos un bonito conto e logo lle entregamos as cartas cos nosos desexos.









Despedida de Jeni

Hoxe tivemos unha chea de emocións, foi un día moi divertido, como xa veredes en próximas subidas ao blog, pero Jeni, a nos profe de prácticas, ten que volver a universidade e por iso despedímola con agasallos e moitos mimos. Ela convidounos cun rico biscoito de iogur e chocolate e como remate final nos fixo un concerto de gaita.
Ata sempre Jeni, volve pronto
Unha aperta moi forte de todos os Coelliños e Ruth








viernes, 19 de diciembre de 2014

Visita ao CGAI



Esta semana os Coelliños e os  Gatiños fixeron unha saída ao Centro Galego de Arte e Imaxe. Alí contáronnos que teñen unhas neveiras especiais para gardar películas moi antigas.
Nós vimos O bosque animado , e este sábado pola tarde ás 18:00 hai un pase gratuíto. Estades invitados.












jueves, 18 de diciembre de 2014

Exposición Coelliños


Ola a todos/as:
Como xa sabedes, os Coelliños fixeron unha exposición de arte , con todos os traballos realizados durante estre trimestre.
Para os que non poidades vir ao centro , aquí tedes unha foto.
Saúdos
Ruth e Jeny

martes, 16 de diciembre de 2014

Estimadas familias:
O meércores día 17 de desembro, os coelliños e coelliñas asistirán ao CGAI  para ver O bosque animado.
Será un día diferente e divertido.
Unha aperta
Ruth




Exposición de arte.

A partir do mércores día 17, os Coelliños inauguran a súa primeira exposición deste curso. Estará na entrada do cole ata o venres.
Un saúdo
Ruth e Jennifer

Power de arte

Seguimos traballando a arte de varios artistas. Aquí tedes os pintores e técnicas que estamos a traballar.



Podes baixalo aquí:
https://www.dropbox.com/s/i7czg7dxqamjrnv/POWER%20POINT%20ARTE.pptx?dl=0

jueves, 11 de diciembre de 2014

Taller de froitas

Como todos/as sabedes, a educación da saúde e un aspecto moi importante a traballar nas aulas de educación infantil. Por iso na clase facemos diversas actividades para fomentar o consumo de alimentos saudables.
O pasado martes fixemos unha festa de froitas de outono. Foi un éxito total.

















jueves, 4 de diciembre de 2014

Proxecto de arte

Durante este trimestre, os coelliños estamos aprendendo moitas cousas de grandes artistas. Jenifer , a nova mestra deste ano,que estará ata Nadal con nós, trouxo unha chea de sorpresas. Aquí podedes ver algunhas.



Presentación do proxecto
Disfraces de artistas

  Facendo os nosos retratos


Gaudí







 


miércoles, 3 de diciembre de 2014

Concerto batería e gaita

O pasado mércores tivemos un concerto moi especial. O pai de Xoel , o pai de Mateo ( osiños) e outra amiga del, agasalláronnos cun concerto de batería e gaita. Pasámolo moi ben.