Mostrando entradas con la etiqueta Actividades interclase) nenos e nenas de distintas edades). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades interclase) nenos e nenas de distintas edades). Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Concerto batería e gaita

O pasado mércores tivemos un concerto moi especial. O pai de Xoel , o pai de Mateo ( osiños) e outra amiga del, agasalláronnos cun concerto de batería e gaita. Pasámolo moi ben.












lunes, 21 de abril de 2014

Actividades 2º trimestre


Ao longo do 2º trimestre os coelliños e as coelliñas fixeron actividades moi interesantes. Nas seguintes diapositivas e fotos podedes ver algunhas das cousas que fixemos nas últimas semanas.

Coa profe Angélica, tódolos luns aprendemos cancións e danzas moi divertidas. Aquí podedes ver como gozamos co "Carnaval dos animais".











TALLER DO LUME

A nai de Lucas, un alumno da clase dos osiños, veu ao cole para explicarnos como facían lume os homes da prehistoria.



Na saída á Fundación Barrié de la Maza, os coelliños e os gatiños pasámolo moi ben cunha fermosa obra de teatro titulada "De todo corazón",da compañía  Teatro Paraíso.








Outra das actividades que comezamos a facer este trimestre foi
"A mochila do bebé". En colaboración coa biblioteca do noso centro,podemos agasallar ás familias que tiveron recentemente un bebé na súa familia, co préstamo dun lote de libros, cd e xogos destinados a bebés , mamás, papás e irmáns maiores. A primeira familia que levou a "mochila do bebé" foi a de Xoel. Todos os nenos estiveron encantados desta fermosa iniciativa e xuntos fixemos unhas fermosas fotos.




domingo, 9 de marzo de 2014

Día internacional da muller traballadora

O pasado venres foi un día especial para todos/as. Con motivo da celebración do Día internacional da muller traballadora, 8 de marzo, fixemos varias actividades para iniciar na reflexión deste día aos nenos e nenas de 3 anos. Pola mañá fixemos unha asamblea onde dialogamos acerca dos traballos das mulleres... Entre todos/as recordamos algúns oficios como traballar no hospital, na peluquería, coidar aos bebés, traballar no cole, ensinar música...


Tras este grupo coloquial, fixemos uno fermoso agasallo para as familias e despois.... SORPRESA FINAL. Xunto coa clase dos "Gatiños" escoitamos un divertido conto acerca da igualdade entre homes e mulleres. O seu título O libro dos porcos de Anthony Browne.

El Libro de Los Cerdos


Unha forte aperta.

Ruth

sábado, 1 de marzo de 2014

Entroido 2014

Onte foi un día moi especial para todos os nenos e nenas do noso centro. Os coelliños/as viviron o seu primeiro entroido no cole e iso non vai ser fácil de esquecer.
Preparar este primeiro entroido foi moi laborioso e as familias fixeron un gran traballo coa elaboración dos disfraces.
Ante todo agradecer esta colaboración a todas as familias, mestres, coidadoras... que fixeron do pasado 28 de febreiro un gran día.



Unha aperta moi grande e  desexarvos que estes días sexan moi divertidos para todos/as.  E... moito coidado cos empachos!

domingo, 9 de febrero de 2014

Educación en valores

Como todos sabedes, na clase dos Coelliños e no noso centro , dámoslle unha importancia especial á integración dos valores nas aulas.
O 30 de Xaneiro, con motivo da conmemoración da morte de Gandhi, en 1964, celebramos o Día da Paz con distintas actividades: elaboración de murais, bailes e cancións, lectura de contos e decorado de mandalas.

jueves, 19 de diciembre de 2013

Os maiores visitan a nosa clase.

Xa queda moi poco para que cheguen os Magos de Oriente,  polo que os Coelliño@s estuvieron a facer as súas cartas para deixarllas ao carteiro real. O mellor de todo foi que os nenos/as maiores foron os nosos "padriños" e axudáronnos escribindo; porque nós , por agora, necesitamos un pouco de axuda.
Un biquiño moio grande para todos eles/as e para as súas mestras Juana e Ana.