Ola a todos/as:
Como xa saberedes, o día 29 de abril, de forma precipitada, naceu Hugo as 9:40 da noite.
Foi todo bastante ben, Hugo pesou 3 kilos e mediu 50 cm.
Todos estamos moi contentos e agradecidos por todas as felicitacións e moi pronto teredes unha gran sorpresa porque Hugo visitará os nenos e nenas da clase.
Eu estou moi agradecida de saber que Laura, a nova profe, está con eles, e a través dela vou sabendo todas as novas que acontecen na clase e que xa vos mostrarei canda suba as fotografías que me vai mandando.
Hugo , aínda que é pequeniño xa tivo a súa primeira sesión de fotos.Non están todas listas pero aquí vos deixo unha moi especial