Mostrando entradas con la etiqueta 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2015-2016. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de septiembre de 2016

Os Coelliños suben a Primaria

Hoxe é un día de sentimentos enfrontados. Por unha parte estou contenta de comezar un novo curso,con nenos e nenas moi pequenos, que por primeira vez entran no cole, e por outra un pouquiño triste porque os meus Coelliños, que estiveron comigo durante tres anos, deixan o corredor de infantil e soben ao   1º andar. É lei de vida, pero esta noite, gustaríame que o curso se alongara un pouco mais, para así poder gozar deles , aínda que fora uns anaquiños.
Pero o tempo pasa, e agora é unha nova etapa, na que  Ana e Pilar mimarán, ensinarán , e gozarán cos "meus coelliños/as" ( coma eu lles chamo) e eu,  terei un novo grupo de nenos e nenas co que seguro  estarei encantada, pero sempre  gardarei un precioso recordo desta etapa.
Grazas a todos os Coelliños e as súas familias por facer que estivera tan cómoda con vós . Grazas  por entenderme , por comprender os meus erros e por darme tanto cariño en tantos momentos, sobre todo na etapa do meu embarazo. Grazas pola fermosa despedida , e por todas as sorpresas e agasallos.  Pero ante todo , quero dicirvos, que aínda que nos separe un andar, eu sigo no piso de abaixo e aquí me tedes para calquera cousiña que necesitedes.
Mañá é un día especial , e alí estarei a primeira hora , xunto con María, a profe de Gatiños para acompañar os nosos nenos e nenas ao piso de arriba.
Unha aperta e un bico  ben grande para Adriana, Lola, Carla, Mateo, Santi, Manuel, Paula, Saramé, Xoel, Óscar, Aldair, Adrián, Daniela, Gabriela, Sergio, Ángela, Daniel, Sara, Ana, Lucía, Iria, Lucía Ríos,Omar, Sofía, Pablo e Antón.
Ruth

viernes, 13 de mayo de 2016

Os coelliños presentan... " El país de las adivinanzas"

Aquí tedes o enlace do video dos Coelliños representando a obra " El país de las adivinanzas":


EL PAÍS DE LAS ADIVINANZAS en Vimeo.

miércoles, 4 de mayo de 2016

Visita ao CGAI

Esta mañá estivemos no CGAI vendo unha maravillosa de película de debuxos animados. Os coelliños estiveron moi atentos. O sábado día 7 de maio volven facer un pase, por si queredes ir cos vosos fillos/as, sobriños...

Saimos no xornal!

O luns, as clases dos Coelliños e Gatiños fixeron unhas actuacións formidables no teatro Calvo Sotelo. Somos tan importantes que incluso saimos no xornal.

miércoles, 3 de febrero de 2016

Celebrando o dia escolar da Non violencia e da Paz

O pasado venres 30 de xaneiro todo o centro celebrou o día da Paz. Fixemos varias actividades e unha gran festa no patio. O lema da nosa clase foi Axudamos aos compañeiros. É importante que tanto na casa coma na escola tratemos estos valores todos os días, isto fará que os nosos Coelliñós sexan, nun futuro, máis tolerantes (aínda que na medida das súas posibilidades xa o son) e en definitiva "boas persoas".

Actividades xaneiro

No mes de xaneiro fixemos varias actividades que nos gustaron moito.
Unha delas foi a receta das trufas de chocolate. Estaban requeteboas.



A outra a saída o parque de bombeiros onde os rapaces e rapazas gozaron subindo aos camións, probándose os cascos...

viernes, 11 de diciembre de 2015

Votacións proxecto.

Hoxe , todos os nenos e nenas do centro fixeron unha votación para elexir o proxecto do centro. Os Coelliños tiveron que elexir entre dous temas:
TRADICIÓNS E PINTORES.

O GAÑADOR FOI....

QUE PINTAMOS AQUÍ?

Aquí tedes as fotos dos nenos e nenas elexindo o seu proxecto favorito.






Añadir leyenda



























miércoles, 9 de diciembre de 2015

Visita ao museo de Belas Artes

Esta mañá visitamos o museo de Belas Artes.
Estivemos observando esculturas, retratos, paisaxes... e tamén fixemos un taller de pintura.
Pásamolo fenomenal.















jueves, 3 de diciembre de 2015

Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe é o día internacional das persoas con discapacidade. Na nosa aula estamos moi sensibilizados con estes aspectos, hoxe e todos os días do curso.Esta mañá estivemos vendo un fermoso corto " Mi hermanito de la luna"

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Día internacional contra a violencia de xénero

Para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero, os Coelliños limos e traballamos o libro Rosa Caramelo.

lunes, 23 de noviembre de 2015

Visita de Pilar


A pasada semana tivemos unha visita moi especial. A nai de  Óscar trouxo a Pilar , a nova irmá de nosos compañeiro. Todos estiveron moi contentos vendo a  bebé,  que xa ten catro meses .
Parabéns  a Óscar e a súa familia.





lunes, 16 de noviembre de 2015

Xuntanza familias

Ola a todos/as:

O vindeiro luns 23 de novembro, teremos unha xuntanza para tratar temas deste curso. Se non podedes asistir, non teño ningún inconveniente en informarvos dos temas tratados en horario de titoría.

Coma todos os anos, as titorías son os luns ás 5:00 da tarde na nosa aula. Se algunha persoa non pode vir nese horario, que se poña en contacto comigo.

Unha aperta

Ruth

miércoles, 10 de junio de 2015

Gastronomía china



Os coelliños/as tiveron moita sorte de probar o arroz chinés con palillos.
Aquí tedes as fotos.