domingo, 29 de octubre de 2017

Preparando o Samaín.

Esta semana no cole celebraremos a chegada do Samaín. Na clase fixemos fantasmas para decorar o corredor e tamén estamos aprendendo cancións.
Aquí vos deixo algúns enlaces por si queredes escoitala.

Unha aperta e bo domingo.




Canción de los esqueletos.
Samaín

lunes, 16 de octubre de 2017

Visita dunha fotógrafa.

En relación co proxecto IN/SEPARABLES, hoxe tivemos a visita da  fotógrafa Diana Fajardo. 
Diana contounos cales son os seus instrumentos de traballo e deixounos preparar con ela a súa cámara e un portafondos, onde todos os nenos e nenas da clase, fixeron de modelos co seu obxecto favorito. Máis adiante Diana ensinaranos as fotos que nos fixo e con elas faremos unha actividade sorpresa. Pasamos unha mañá diferente e divertímonos moito. Hoxe non viron todos os nenos/as da clase e outros   non  trouxeron os seus obxectos favoritos. Non vos preocupedes porque outro día Diana volverá e realizará as fotos que faltan.
Aquí vos deixo algunhas mostras da actividade.


Diana explicando o seu traballo



 Modelos por un día.



jueves, 12 de octubre de 2017

Saída á biblioteca.



Ola a todos e todas!
O pasado mércores estivemos na biblioteca González Garcés, a que está preto do noso cole.
Escoitamos diversos contos que nos contou Chus.
Tamén vimos a sala infantil.
Estivemos moi atentos e pasámolo moi ben.