En relación co proxecto IN/SEPARABLES, hoxe tivemos a visita da fotógrafa Diana Fajardo.
Diana contounos cales son os seus instrumentos de traballo e deixounos preparar con ela a súa cámara e un portafondos, onde todos os nenos e nenas da clase, fixeron de modelos co seu obxecto favorito. Máis adiante Diana ensinaranos as fotos que nos fixo e con elas faremos unha actividade sorpresa. Pasamos unha mañá diferente e divertímonos moito. Hoxe non viron todos os nenos/as da clase e outros non trouxeron os seus obxectos favoritos. Non vos preocupedes porque outro día Diana volverá e realizará as fotos que faltan.
Aquí vos deixo algunhas mostras da actividade.
Diana explicando o seu traballo
Modelos por un día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario