Enlaces
viernes, 3 de noviembre de 2017
Actividades Samaín.
Esta semana tivemos moitas actividades relacionada co Samaín.
Ao igual que o curso anterior, recibimos a visita da Santa Compaña; este ano ninguén tivo medo e os nenos e nenas gozaron con esta tradición do noso cole.
Tamén vimos as cabazas que os nenos e nenas trouxeron á clase, fixemos fantasmas para decorar o corredor e cantamos cancións.
Unha aperta e, de novo, moitísimas grazas pola vosa constante colaboración.
Tania e Ruth
OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA VIRON A DECIRNOS QUE ELES SE DISFRAZARÍAN DA SANTA COMPAÑA.
ESPERANDO Á SANTA COMPAÑA
E POR FIN CHEGOU...
PRESENTAMOS A NOSAS CABAZAS
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
domingo, 29 de octubre de 2017
Preparando o Samaín.
Esta semana no cole celebraremos a chegada do Samaín. Na clase fixemos fantasmas para decorar o corredor e tamén estamos aprendendo cancións.
Aquí vos deixo algúns enlaces por si queredes escoitala.
Unha aperta e bo domingo.
Canción de los esqueletos.
Samaín
lunes, 16 de octubre de 2017
Visita dunha fotógrafa.
En relación co proxecto IN/SEPARABLES, hoxe tivemos a visita da fotógrafa Diana Fajardo.
Diana contounos cales son os seus instrumentos de traballo e deixounos preparar con ela a súa cámara e un portafondos, onde todos os nenos e nenas da clase, fixeron de modelos co seu obxecto favorito. Máis adiante Diana ensinaranos as fotos que nos fixo e con elas faremos unha actividade sorpresa. Pasamos unha mañá diferente e divertímonos moito. Hoxe non viron todos os nenos/as da clase e outros non trouxeron os seus obxectos favoritos. Non vos preocupedes porque outro día Diana volverá e realizará as fotos que faltan.
Aquí vos deixo algunhas mostras da actividade.
Diana explicando o seu traballo
Modelos por un día.
jueves, 12 de octubre de 2017
Saída á biblioteca.
Ola a todos e todas!
O pasado mércores estivemos na biblioteca González Garcés, a que está preto do noso cole.
Escoitamos diversos contos que nos contou Chus.
Tamén vimos a sala infantil.
Estivemos moi atentos e pasámolo moi ben.
martes, 12 de septiembre de 2017
Benvidos ao novo curso
Onte , despois das vacacións , a clase dos coelliños e das coelliñas volveu a encherse de vida. Todos os nenos e todas as nenas estiveron moi contentos, xa non houbo choros coma no curso anterior e o transcurso da xornada desenvolveuse adecuadamente.
Faltaron tres nenos que agardamos que pronto se incorporen.
Aquí vos deixo unha foto do primeiro día de curso.
Faltaron tres nenos que agardamos que pronto se incorporen.
Aquí vos deixo unha foto do primeiro día de curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























