Na clase dos Coelliños seguimos traballando o tema da Educación para a Saúde. A través das aventuras de Pelayo e os seus amigos aprendemos as necesidades básicas do corpo: comida adecuada, ir ao baño, descansar...Visita a Pelayo
Os mestres e as familias debemos ser conscientes da importancia que ten unha boa saúde para o desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades. Aquí vos deixo unha páxina onde podedes ter información interesante desta temática: www.familiaysalud.es
Unha aperta
Ruth