Onte celebramos o último día do curso 2013-2014. Fixemos unha festa de pompas e todos gozaron cos seus pomperos. Ao final , cando xa marchábamos fixemos unhas divertidas fotos de despedida.
Grazas aos coelliños e as súas familias por facer tan especial este curso que remata.
Unha aperta e... a disfrutar do verán!
Ruth
Enlaces
Mostrando entradas con la etiqueta 2013-2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2013-2014. Mostrar todas las entradas
sábado, 21 de junio de 2014
Festival Fin de Curso
Aquí tedes o vídeo do Festival de Fin de Curso coa actuación dos Gatiños e Coelliños.
Festival Fin de Curso COELLIÑOS e GATIÑOS 2013-14 from Ruth on Vimeo.
Festival Fin de Curso COELLIÑOS e GATIÑOS 2013-14 from Ruth on Vimeo.
sábado, 14 de junio de 2014
Aprendendo poesías
Esta semana aprendemos unha fermosa poesía : " La cara de Doña Sara"
Carmen, a profe de PT tróuxonos á clase unha " Doña Sara" especial, e todos xuntos fomos aprendendo a poesía. Para rematar , Carmen fíxonos un agasallo moi larpeiro...
Moitas grazas Carmen.
jueves, 5 de junio de 2014
Xornada de convivencia
Despois dunha bonita xornada de convivencia no albergue de Gandarío... agora toca descansar.
Grazas por todo familias.
Ruth
Grazas por todo familias.
Ruth
miércoles, 23 de abril de 2014
Día do libro
Hoxe é un día especial para todos/as. No cole celebraremos o día do libro e seguro que Cascarilla traerá algunha sorpresa...
Os coelliños e coelliñas queremos que escoitedes un fermoso libro que nos encanta. Agardamos que vos guste.
Feliz día do libro para todos e todas!
Os coelliños e coelliñas queremos que escoitedes un fermoso libro que nos encanta. Agardamos que vos guste.
lunes, 21 de abril de 2014
Actividades 2º trimestre
Coa profe Angélica, tódolos luns aprendemos cancións e danzas moi divertidas. Aquí podedes ver como gozamos co "Carnaval dos animais".
TALLER DO LUME
Na saída á Fundación Barrié de la Maza, os coelliños e os gatiños pasámolo moi ben cunha fermosa obra de teatro titulada "De todo corazón",da compañía Teatro Paraíso.
Outra das actividades que comezamos a facer este trimestre foi
"A mochila do bebé". En colaboración coa biblioteca do noso centro,podemos agasallar ás familias que tiveron recentemente un bebé na súa familia, co préstamo dun lote de libros, cd e xogos destinados a bebés , mamás, papás e irmáns maiores. A primeira familia que levou a "mochila do bebé" foi a de Xoel. Todos os nenos estiveron encantados desta fermosa iniciativa e xuntos fixemos unhas fermosas fotos.
domingo, 30 de marzo de 2014
A sala da Prehistoria
Dende hai varias semanas, os "Coelliños/as" e tódolos nenos e nenas de educación infantil agardaron con gran entusiasmo a inauguración da Sala da Prehistoria... e por fin, o pasado venres , todos os nenos e nenas, moi abraiados, puideron comprobar como a nosa sala de xogos transformouse nun espazo prehistórico, con cova e mamut incluído.
A partir desta semana poderemos transformarnos en pequenos homes e mulleres prehistóricos, vivindo coma eles, cazando, pescando , facendo lume...
Xa vos iremos colgando mais fotos dos nenos/as xogando.
Unha aperta

martes, 18 de marzo de 2014
A lingua extranxeira na clase dos Coelliños
Un dos obxectivos da etapa da Educación Infantil é que os nenos e nenas teñan unha primeira aproximación á lingua inglesa.
Os coelliños e as coelliñas reciben, ao igual co resto do alumnado de educación infantil, dúas sesións de 30 minutos semanais de lingua estranxeira inglesa.
Guille, o mestre que está substituíndo a Lucía, ensinoulles unha divertida canción titulada.
"If You're Happy And You Know It"

jueves, 13 de marzo de 2014
Visita ao Mac
Ola a todos/as:
Hoxe os Coelliños foron de visita ao Mac. Foi moi interesante, xa que aparte de observar cadros e esculturas, puideron aprender que persoas traballan nun museo: recepcionista, persoal de mantemento, restauradores, limpadores... Ademais a profe púxose moi contenta, xa que hoxe, os Coelliños portáronse fenomenal.
Saúdos
Ruth
domingo, 9 de marzo de 2014
Día internacional da muller traballadora
O pasado venres foi un día especial para todos/as. Con motivo da celebración do Día internacional da muller traballadora, 8 de marzo, fixemos varias actividades para iniciar na reflexión deste día aos nenos e nenas de 3 anos.
Pola mañá fixemos unha asamblea onde dialogamos acerca dos traballos das mulleres... Entre todos/as recordamos algúns oficios como traballar no hospital, na peluquería, coidar aos bebés, traballar no cole, ensinar música...
Tras este grupo coloquial, fixemos uno fermoso agasallo para as familias e despois.... SORPRESA FINAL. Xunto coa clase dos "Gatiños" escoitamos un divertido conto acerca da igualdade entre homes e mulleres. O seu título O libro dos porcos de Anthony Browne.
Unha forte aperta.

sábado, 1 de marzo de 2014
Entroido 2014
Onte foi un día moi especial para todos os nenos e nenas do noso centro. Os coelliños/as viviron o seu primeiro entroido no cole e iso non vai ser fácil de esquecer.
Preparar este primeiro entroido foi moi laborioso e as familias fixeron un gran traballo coa elaboración dos disfraces.
Ante todo agradecer esta colaboración a todas as familias, mestres, coidadoras... que fixeron do pasado 28 de febreiro un gran día.
Unha aperta moi grande e desexarvos que estes días sexan moi divertidos para todos/as. E... moito coidado cos empachos!

lunes, 17 de febrero de 2014
San Valentín!
O pasado venres , na clase dos Coelliños celebramos o día de San Valentín. Fixemos corazóns vermellos para agasallar as familias cunha bonita postal. Pasámolo moi ben.
Aquí vos deixo unhas fotiños.
Unha aperta
Ruth
Aquí vos deixo unhas fotiños.
Unha aperta
Ruth
lunes, 10 de febrero de 2014
Proxecto Prehistoria
Nos vindeiros meses, no noso cole traballaremos todos xuntos sobre un tema moi interesante "A Prehistoria". Na clase dos Coelliños xa imos enchendo, pouquiño a pouco, o novo recanto de proxectos.
Os últimos días escoitamos unha bonita historia dun novo amigo Chucu, que un día soñou que chegaba aos tempos da Prehistoria. Tamén vimos vídeos da serie "Érase una vez el hombre". Aquí vos deixo o enlace.

domingo, 9 de febrero de 2014
Educación en valores
Como todos sabedes, na clase dos Coelliños e no noso centro , dámoslle unha importancia especial á integración dos valores nas aulas.
O 30 de Xaneiro, con motivo da conmemoración da morte de Gandhi, en 1964, celebramos o Día da Paz con distintas actividades: elaboración de murais, bailes e cancións, lectura de contos e decorado de mandalas.

miércoles, 29 de enero de 2014
O noso corpo
Na clase dos Coelliños seguimos traballando o tema da Educación para a Saúde. A través das aventuras de Pelayo e os seus amigos aprendemos as necesidades básicas do corpo: comida adecuada, ir ao baño, descansar...Visita a Pelayo
Os mestres e as familias debemos ser conscientes da importancia que ten unha boa saúde para o desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades. Aquí vos deixo unha páxina onde podedes ter información interesante desta temática: www.familiaysalud.es
Unha aperta
Ruth
sábado, 18 de enero de 2014
Educación para a saúde
Ola!
Xa estamos de volta despois das vacacións de nadal, e na clase dos coelliños volvemos con novas actividades e xogos. Onte, estivemos aprendendo que os nenos e nenas non poden utilizar algúns instrumentos e aparellos como os coitelos, cutters ou tesoiras. Os nenos/as estiveron moi atentos e divertironse moito cas aventuras e explicacións do novo amigo "Tolo". Aquí podedes ver vídeos e actividades interesantes sobre este tema. http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303196843/contido/e_por_que/eporque2.html

martes, 31 de diciembre de 2013
Feliz ano
Os meus mellores desexos para o ano 2014.
Unha forte aperta.
Ruth
Imagen de artisrams bajo licencia CC BY-ND 2.0
Unha forte aperta.
Ruth
martes, 24 de diciembre de 2013
Felices festas
Unha vez rematado este 1º trimestre dos "coelliños/as" gozaremos duns días de vacacións.
Unha aperta para todos/as, en especial para Andrea que tras uns meses con nós, volta a Universidade.
Ruth
Unha aperta para todos/as, en especial para Andrea que tras uns meses con nós, volta a Universidade.
Ruth
jueves, 19 de diciembre de 2013
Casa museo Picasso
Este trimestre os nenos e nenas da clase aprenderon acerca da vida e obra de Picasso. Seguro que xa vos contaron que nunha etapa, Picasso viviu na nosa cidade. Pois ben, como broche final ao proxecto que estivemos a levar a cabo durante este trimestre, hoxe estivemos na casa onde viviu Picasso cando permaneceu en A Coruña.
Aquí tedes o enlace por se vos apetece volver a visitala cos vosos fillos/as:
Casa Museo Picasso
Aquí tedes o enlace por se vos apetece volver a visitala cos vosos fillos/as:
Casa Museo Picasso
Os maiores visitan a nosa clase.
Xa queda moi poco para que cheguen os Magos de Oriente, polo que os Coelliño@s estuvieron a facer as súas cartas para deixarllas ao carteiro real. O mellor de todo foi que os nenos/as maiores foron os nosos "padriños" e axudáronnos escribindo; porque nós , por agora, necesitamos un pouco de axuda.
Un biquiño moio grande para todos eles/as e para as súas mestras Juana e Ana.
Un biquiño moio grande para todos eles/as e para as súas mestras Juana e Ana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)