Mostrando entradas con la etiqueta Páxinas suxeridas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Páxinas suxeridas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de enero de 2014

O noso corpo

Na clase dos Coelliños seguimos traballando o tema da Educación para a Saúde. A través das aventuras de Pelayo e os seus amigos aprendemos as necesidades básicas do corpo: comida adecuada, ir ao baño, descansar...
Visita a Pelayo

Os mestres e as familias debemos ser conscientes da importancia que ten unha boa saúde para o desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades. Aquí vos deixo unha páxina onde podedes ter información interesante desta temática: www.familiaysalud.es

Unha aperta
Ruth

viernes, 13 de diciembre de 2013

Feliz fin de semana

Como parece que este fin de semana non imos ter un tempo demasiado agradable, aquí vos deixo unhas suxerencias para pasar un bo rato en familia.
Unha aperta.
Ruth

jueves, 21 de noviembre de 2013

Los audífonos de Oliver

Oliver y sus audífonos

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Uns amigos de Adriana viron á nosa escola para contarnos un conto dun elefante; estivemos xuntos os Coelliños e os Gatiños. O elefante non podía escoitar, polo que tivo que ir ao otorrinolaringólogo . O otorrinolaringólogo  lle dixo que se puxera uns audífonos para poder escoitar.
O mellor de todo foi que hoxe o elefante Oliver apareceu na nosa escola. Todos estivemos moi contentos porque Oliver cos seus audífonos xa podía escoitar e cantar.
Aprendimos unha chea de cousas entre as que destacamos:
  1. Os nenos que non escoitan poden utilizar audífonos ou implantes cocleares.
  2. Son moi importantes as revisións nos otorrinos.
  3. O lavado de oídos é recomendable facelo tan só con auga.

Grazas a Asociación Acopros por desenvolver hoxe esta fermosa actividade.

Podedes ler o conto en pdf aquí: www.cedaf.com.gt/pdf/5oliver.pdf.

lunes, 11 de noviembre de 2013

De museos...


Esta semana na nosa cidade as visitas aos museos serán gratuitas.
Aquí vos deixo o enlace da noticia.
Unha aperta
Ruth

sábado, 2 de noviembre de 2013

Recursos TIC

Hoxe  no  noso blog , dous recursos moi interesantes para que os nenos e nenas se inicien no uso dos medios tecnolóxicos. Con eles os nenos/as progresaran no uso do rato.
Ruth



miércoles, 16 de octubre de 2013

Días de choiva

Onte nos poidemos sair ao patio porque chovía moito pero divertímonos cun conto infantil "El patito feo" coñecido por todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Na páxina de Garabatos tedes unha chea de videocontos útiles para estes días de choiva tan frecuentes na nosa cidade. Recordade que é moi importante que os nenos/as estén acompañados cando lles poñades películas ou debuxos na TV.