domingo, 30 de marzo de 2014

A sala da Prehistoria

Dende hai varias semanas, os "Coelliños/as" e tódolos nenos e nenas de educación infantil  agardaron con gran entusiasmo a inauguración da Sala da Prehistoria... e por fin, o pasado venres , todos os nenos e nenas, moi abraiados, puideron comprobar como a nosa sala de xogos transformouse nun espazo prehistórico, con cova e mamut incluído.
A partir desta semana poderemos transformarnos en pequenos homes e mulleres prehistóricos, vivindo  coma eles, cazando, pescando , facendo lume...
Xa vos iremos colgando mais fotos dos nenos/as xogando.
Unha aperta
Ruth

















martes, 18 de marzo de 2014

A lingua extranxeira na clase dos Coelliños

Un dos obxectivos da etapa da Educación Infantil é que os nenos e nenas teñan unha primeira aproximación á lingua inglesa.
Os coelliños e as coelliñas reciben, ao igual co resto do alumnado de educación infantil, dúas sesións de 30 minutos semanais de lingua estranxeira inglesa.
Guille, o mestre que está substituíndo a Lucía, ensinoulles unha divertida canción titulada.

"If You're Happy And You Know It"

sábado, 15 de marzo de 2014

Proxecto Prehistoria

Como todos sabedes, os coelliños e coelliñas estamos aprendendo unha chea de cousas acerca da Prehistoria. Todas as familias estades colaborando, e grazas a iso o noso recanto e sala de xogos énchese con novos materiais e recursos.
O papá de Iria, fíxonos un agasallo moi especial, un póster de todos nós vestidos como os homes e mulleres da Prehistoria. Se algunha persoa quere ter o póster, pode pedilo, e eu facilitareille o email de Berto (papá de Iria) Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Unha aperta
Ruth

jueves, 13 de marzo de 2014

Visita ao Mac


Ola a todos/as:
Hoxe os Coelliños foron de visita ao Mac. Foi moi interesante, xa que aparte de observar cadros e esculturas, puideron aprender que persoas traballan nun museo: recepcionista, persoal de mantemento, restauradores, limpadores... Ademais a profe púxose moi contenta, xa que hoxe, os Coelliños portáronse fenomenal.


Saúdos
Ruth


domingo, 9 de marzo de 2014

Día internacional da muller traballadora

O pasado venres foi un día especial para todos/as. Con motivo da celebración do Día internacional da muller traballadora, 8 de marzo, fixemos varias actividades para iniciar na reflexión deste día aos nenos e nenas de 3 anos. Pola mañá fixemos unha asamblea onde dialogamos acerca dos traballos das mulleres... Entre todos/as recordamos algúns oficios como traballar no hospital, na peluquería, coidar aos bebés, traballar no cole, ensinar música...


Tras este grupo coloquial, fixemos uno fermoso agasallo para as familias e despois.... SORPRESA FINAL. Xunto coa clase dos "Gatiños" escoitamos un divertido conto acerca da igualdade entre homes e mulleres. O seu título O libro dos porcos de Anthony Browne.

El Libro de Los Cerdos


Unha forte aperta.

Ruth

sábado, 1 de marzo de 2014

Entroido 2014

Onte foi un día moi especial para todos os nenos e nenas do noso centro. Os coelliños/as viviron o seu primeiro entroido no cole e iso non vai ser fácil de esquecer.
Preparar este primeiro entroido foi moi laborioso e as familias fixeron un gran traballo coa elaboración dos disfraces.
Ante todo agradecer esta colaboración a todas as familias, mestres, coidadoras... que fixeron do pasado 28 de febreiro un gran día.



Unha aperta moi grande e  desexarvos que estes días sexan moi divertidos para todos/as.  E... moito coidado cos empachos!