sábado, 21 de junio de 2014

Fin de curso

Onte celebramos o último día do curso 2013-2014.  Fixemos unha festa de pompas e todos gozaron cos seus pomperos. Ao final , cando xa marchábamos fixemos unhas divertidas fotos de despedida.
Grazas aos coelliños e as súas familias por facer tan especial este curso que remata.
Unha aperta e... a disfrutar do verán!
Ruth


Festival Fin de Curso

Aquí tedes o vídeo do Festival de Fin de Curso coa actuación dos Gatiños e Coelliños.


Festival Fin de Curso COELLIÑOS e GATIÑOS 2013-14 from Ruth on Vimeo.

sábado, 14 de junio de 2014

Aprendendo poesías

Esta semana aprendemos unha fermosa poesía : " La cara de Doña Sara"

Carmen, a profe de PT tróuxonos á clase unha " Doña Sara" especial, e todos xuntos fomos aprendendo a poesía. Para rematar , Carmen fíxonos un agasallo moi larpeiro...
Moitas grazas Carmen.


jueves, 5 de junio de 2014

Xornada de convivencia

Despois dunha bonita xornada de convivencia no albergue de Gandarío... agora toca descansar.
Grazas por todo familias.
Ruth