lunes, 12 de septiembre de 2016

Os Coelliños suben a Primaria

Hoxe é un día de sentimentos enfrontados. Por unha parte estou contenta de comezar un novo curso,con nenos e nenas moi pequenos, que por primeira vez entran no cole, e por outra un pouquiño triste porque os meus Coelliños, que estiveron comigo durante tres anos, deixan o corredor de infantil e soben ao   1º andar. É lei de vida, pero esta noite, gustaríame que o curso se alongara un pouco mais, para así poder gozar deles , aínda que fora uns anaquiños.
Pero o tempo pasa, e agora é unha nova etapa, na que  Ana e Pilar mimarán, ensinarán , e gozarán cos "meus coelliños/as" ( coma eu lles chamo) e eu,  terei un novo grupo de nenos e nenas co que seguro  estarei encantada, pero sempre  gardarei un precioso recordo desta etapa.
Grazas a todos os Coelliños e as súas familias por facer que estivera tan cómoda con vós . Grazas  por entenderme , por comprender os meus erros e por darme tanto cariño en tantos momentos, sobre todo na etapa do meu embarazo. Grazas pola fermosa despedida , e por todas as sorpresas e agasallos.  Pero ante todo , quero dicirvos, que aínda que nos separe un andar, eu sigo no piso de abaixo e aquí me tedes para calquera cousiña que necesitedes.
Mañá é un día especial , e alí estarei a primeira hora , xunto con María, a profe de Gatiños para acompañar os nosos nenos e nenas ao piso de arriba.
Unha aperta e un bico  ben grande para Adriana, Lola, Carla, Mateo, Santi, Manuel, Paula, Saramé, Xoel, Óscar, Aldair, Adrián, Daniela, Gabriela, Sergio, Ángela, Daniel, Sara, Ana, Lucía, Iria, Lucía Ríos,Omar, Sofía, Pablo e Antón.
Ruth

No hay comentarios:

Publicar un comentario