Ola a todos/as:
O pasado mércores realizamos unha saída moi emotiva. Os Coelliños visitaron o centro de día onde traballa a nai da coelliña Sabela.
Chegamos ao centro e os maiores estaban agardándonos. Fixemos unha asamblea acerca da natureza e lles cantamos a canción "A horta de Balbina". Eles tamén nos cantaron unha canción que foi: "Vamos a contar mentiras, tralará". Despois tomamos unha rica merenda e por último axudáronnos a facer un bonito marcapáxinas.
Foi unha experiencia marabillosa ver como os nosos maiores estiveron tan contentos con nós, e tamén como os coelliños gozaron coas súas historias e agarimos.
Estamos seguros que esta saída hai que repetila, porque foi moi enriquecedora para todos/as.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro , en especial á nai de Sabela e a César, Sonia e Alba que tamén quixeron acompañarnos.
Unha aperta.