Mostrando entradas con la etiqueta 2016-2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2016-2017. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de noviembre de 2017

Diario de aula 2016/2017

Aquí tedes o diario de aula do curso pasado.
Este curso a impresión do diario será en cor.
Un saúdo e boa semana
Ruth


miércoles, 22 de marzo de 2017

Saída ao centro de día Hera

Ola a todos/as:
O pasado mércores realizamos unha saída moi emotiva. Os Coelliños visitaron o centro de día onde traballa a nai da coelliña Sabela.
Chegamos ao centro e os maiores estaban agardándonos. Fixemos unha asamblea acerca da natureza e lles cantamos a canción "A horta de Balbina". Eles tamén nos cantaron unha canción que foi: "Vamos a contar mentiras, tralará". Despois tomamos unha rica merenda e por último axudáronnos a facer un bonito marcapáxinas.
Foi unha experiencia marabillosa ver como os nosos maiores estiveron tan contentos con nós, e tamén como os coelliños gozaron coas súas historias e agarimos.
Estamos seguros que esta saída hai que repetila, porque foi moi enriquecedora para todos/as.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro , en especial á nai de Sabela e a  César, Sonia e Alba que tamén quixeron acompañarnos.
Unha aperta.
Ruth


ASAMBLEA



MERENDA










MANUALIDADES






jueves, 26 de enero de 2017

Preparando o Día da Paz

Con motivo da próxima celebración do Día da Paz, estamos practicando esta fermosa canción " Los niños queremos la paz". Aquí vos deixo un vídeo coa letra, para que vaiades practicando.



jueves, 22 de diciembre de 2016

Contos e cancións de Nadal

Aquí vos deixo algúns dos contos e das cancións que estivemos vendo estos días.

El abeto 

Buscando Papá Noel

El burrito sabanero 

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Vídeo actividade «Mariscadoras»

Aquí tedes o vídeo da actividade que fixemos a semana pasada sobre o cadro de Luis Seoane «Mariscadoras».


jueves, 17 de noviembre de 2016

Actividades do proxecto







Ola a todos e todas:

Esta semana fixemos unha actividade que lles gustou moito aos coelliños e coelliñas. A sala de xogos converteuse nunha gran praia, simulando o cadro das Mariscadoras de Luis Seoane. As actividades realizáronse en grupos pequenos, o que fixo que todo fora moi  enriquecedor para todos .









































Despois cada un fixo o seu propio cadro, utilizando a técnica da acuarela.













Aquí vos deixo mais imaxes doutras cousiñas que fixemos:















Unha aperta

Ruth e Sonia












domingo, 23 de octubre de 2016

Unha chea de actividades

Ola a todos/as:
Os coelliños e coelliñas pouquiño a pouco van integrándose no día a día da aula. Aínda que non comezamos co proxecto (  en breve o faremos), cada vez imos participando  en mais actividades e rutinas. Aquí vos deixo algunhas mostras das cousas que facemos na aula, no ximnasio...


Celebración de aniversarios













Na sala de xogos




Con Ángelica e Adrián na clase de música








Xogando coa plastilina







No ximnasio









Visionado de videos interactivos " Pelayo y su pandilla"








 A profe Carmen do colexio " Nuestra señora del Rosario" contando un conto.




Seguimos xogando, observando e gozando na escola; seguiremos mostrándoos todo o que facemos.
Boa semana para todos/as.
Unha aperta
Ruth