Mostrando entradas con la etiqueta 2012-2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2012-2013. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de septiembre de 2013

Benvidos ao novo curso

Despois dunhas longas vacacións xa queda menos para comezar as clases.
Os coelliños do curso anterior xa pasan a 1º de Primaria e os seus "pasaportes" xa están agardando...

Teño unha nova que contaros:
As meninas tan fermosas que os coelliños e as súas familias o pasado curso van a ser expostas nun certame ferrolano a cargo do maestro Eduardo Hermida. Este sábado, se vos apetece podedes ir ao barrio de Canido onde unha festa artística vos agardará (pintura, música, escultura, poesía...).
Pois nada máis, aqui vos deixo o enlace por si queredes votarlle unha ollada ao programa.

Las Meninas de Canido

Ata pronto.

Uhha aperta.

Ruth

viernes, 21 de junio de 2013

domingo, 9 de junio de 2013

Cocorico

A clase dos Peixiños ensinounos unha fermosa canción. Aquí tedes o enlace: http://www.youtube.com/watch?v=8hb6ltrJx_M

martes, 21 de mayo de 2013

lunes, 20 de mayo de 2013

Festiva Letras galegas.

Os Coelliños e os Gatiños recitamos unhas palabras acerca de Roberto Vidal Bolaño. A continuación, para celebrar o 150 aniversario de Cantares Gallegos, cantamos uns versos do libro. Foi moi divertido e todos pasámolo moi ben.

Letras galegas

O 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Esta ano, o día adícouse a Roberto Vidal Bolaño. Neste vídeo, podedes ver algúns datos da súa biografía.

martes, 7 de mayo de 2013

Xardíns de Méndez Núñez

Ola de novo:
A semana pasada os Coelliños  visitamos o centro da nosa cidade A Coruña. A través de xogos observamos e aprendimos unha chea de cousas. Aquí tedes unha mostra dos lugares que visitamos.

viernes, 3 de mayo de 2013

Semana das letras Galegas

Os Coelliños e os Gatiños imos celebrar o día das letras galegas cantando un poema da recoñecida escritora Rosalía de Castro.A canción que imos cantar é unha versión de Lucía Pérez.

domingo, 21 de abril de 2013

Castelo de San Antón

O pasado xoves os Coelliños e os Gatiños visitamos o Castelo de San Antón. Pasámolo moi ben!

viernes, 5 de abril de 2013

E DE ESCOLA

Hoxe Maruxa trouxo un libro moi interesante. Conta cousas das escolas dun país chamado Chad, en África.

A primavera de Vivaldi


Como xa comezou a primavera  e nos gusta moito escoitar audicións de música clásica, na clase estamos a escoitar unha audición moi fermosa:
 A primavera de Vivaldi



miércoles, 13 de marzo de 2013

8 de marzo, día internacional da muller


O pasado venres, día 8 de marzo, os Coelliños celebramos o día internacional da muller. Fixemos debuxos e limos un fermoso conto titulado Rosa Caramelo da escritora Adela Turín.
A historia trata dunha manada de elefantas e elefantes.


jueves, 21 de febrero de 2013

San Valentín

O 14 de febreiro celebramos o San Valentín. Fixemos corazóns e agasallamos a moita xente con eles.

domingo, 17 de febrero de 2013

Visita ao Mac

O pasado venres a clase dos Coelliños visitamos o museo.  Unha das actividades que fixemos foi un teatro de máscaras. Aquí tedes o vídeo. Agardamos que vos guste.

mac1 from Ruth on Vimeo.


lunes, 11 de febrero de 2013

Entroido 2013

O venres celebramos o entroido no cole, pintámonos, desfilamos e ao final BAILAMOS!
 

jueves, 31 de enero de 2013

Os nenos e nenas de Educación Infantil imos disfrazarnos de pingas de auga.  Nesta páxina podedes  ver a explicación do disfraz. handymonbogota.blogspot.com.es ( tede en conta que  nós non necesitamos a tea azul  xa que os nenos/as viran vestidos desta cor)

miércoles, 23 de enero de 2013

Dentro de poucos días os nenos e nenas da clase dos Coelliños imos a celebrar o Día da Paz.
Para elo estamos aprendendo novas cancións e poesías.







Los Juguetes son para Jugar a Jugar (de verdad)
No para Jugar a Matar (de mentira)
Las pistolas (ni de agua)
El revolver (ni de broma)
La escopeta (ni tocarla)
Los juguetes para todo
Y las armas para nada.