Outra das cancións que máis queren cantar os nenos e nenas da clase dos Coelliños é a de «Sol, solecito».
Agardemos que este fin de semana poidamos gozar do Sol na nosa cidade.
Se ao final chega o frío podedes asistir ao Salón Somos papás no recinto feiral Expo Coruña.
Unha aperta e boa fin de semana.
Ruth
Enlaces
sábado, 12 de octubre de 2013
jueves, 10 de octubre de 2013
«Mi payaso juguetón»
Os coelliños e as coelliñas aprenderon unha sinxela canción "Mi payaso juguetón tiruliruliru". Seguro que as familias xa estades cansas de escoitala pero eles sempre a queren cantar.
lunes, 30 de septiembre de 2013
Novos coelliños
Este curso o blog dos Coelliños está destinado aos nenos e nenas que comezan un novo camiño no Ramón de la Sagra. Todos os integrantes do centro están moi contentos de ter novos alumnos/as que durante unha morea de anos compartirán experiencias no nosos colexio; a mestra titora Ruth está moi emocionada desta nova andadura.
Aquí tedes unhas fotos do primeiro día de cole:
Aquí tedes unhas fotos do primeiro día de cole:
miércoles, 11 de septiembre de 2013
As meninas en Canido
O pasado fin de semana, as vosas Meninas, como xa vos anticipara, estiveron nas rúas do barrio de Canido en Ferrol.
jueves, 5 de septiembre de 2013
Benvidos ao novo curso
Despois dunhas longas vacacións xa queda menos para comezar as clases.
Os coelliños do curso anterior xa pasan a 1º de Primaria e os seus "pasaportes" xa están agardando...
Teño unha nova que contaros:
As meninas tan fermosas que os coelliños e as súas familias o pasado curso van a ser expostas nun certame ferrolano a cargo do maestro Eduardo Hermida. Este sábado, se vos apetece podedes ir ao barrio de Canido onde unha festa artística vos agardará (pintura, música, escultura, poesía...).
Pois nada máis, aqui vos deixo o enlace por si queredes votarlle unha ollada ao programa.
Las Meninas de Canido
Ata pronto.
Uhha aperta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)