miércoles, 22 de marzo de 2017

Saída ao centro de día Hera

Ola a todos/as:
O pasado mércores realizamos unha saída moi emotiva. Os Coelliños visitaron o centro de día onde traballa a nai da coelliña Sabela.
Chegamos ao centro e os maiores estaban agardándonos. Fixemos unha asamblea acerca da natureza e lles cantamos a canción "A horta de Balbina". Eles tamén nos cantaron unha canción que foi: "Vamos a contar mentiras, tralará". Despois tomamos unha rica merenda e por último axudáronnos a facer un bonito marcapáxinas.
Foi unha experiencia marabillosa ver como os nosos maiores estiveron tan contentos con nós, e tamén como os coelliños gozaron coas súas historias e agarimos.
Estamos seguros que esta saída hai que repetila, porque foi moi enriquecedora para todos/as.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro , en especial á nai de Sabela e a  César, Sonia e Alba que tamén quixeron acompañarnos.
Unha aperta.
Ruth


ASAMBLEA



MERENDA










MANUALIDADES






jueves, 26 de enero de 2017

Preparando o Día da Paz

Con motivo da próxima celebración do Día da Paz, estamos practicando esta fermosa canción " Los niños queremos la paz". Aquí vos deixo un vídeo coa letra, para que vaiades practicando.



jueves, 22 de diciembre de 2016

Contos e cancións de Nadal

Aquí vos deixo algúns dos contos e das cancións que estivemos vendo estos días.

El abeto 

Buscando Papá Noel

El burrito sabanero 

Felices festas

Queridas familias;
Rematamos o primeiro trimestre; a maioría dos nenos e nenas xa están completamente adaptados ao ritmo da aula e agora toca descansar das rutinas, non madrugar e sair ao parque todo o que se poda.
Desexando que pasedes uns días maravillosos cos vosos familiares despedímonos ata o día 9, no que volveremos as clases.
Unha gran aperta para todos e hoxe especialmente para Sonia, que se despide de nós despois de compartir mimos e xogos cos coelliños e coelliñas. Oxalá volvas pronto, e moitas grazas por ser como eres.
Felices festas e bo Nadal.
PD: Disfrutade todo o que poidades dos vosos fillos/as. Esta época é intensa, pero maravillosa.
Ruth