martes, 16 de mayo de 2017

Día da Familia

Onte foi o día da Familia, un día moi especial para a clase dos Coelliños.
As nenas e os nenos estiveron encantados de prepararlles un agasallo as súas familias.
A colaboración familia-escola é fundamental nesta etapa, de aí que se potencien as actividades de implicación familiar.
A través do Protagonista da semana, cada familia pode participar na clase facendo o que máis lle guste e dende aquí quero agradecervos esta gran implicación, tan importante no proceso de ensino- aprendizaxe. É importante que todos xuntos busquemos un mesmo criterio educativo o que fará que nenos e nenas aprendan a ser autónomos, críticos, con intereses propios... e o máis importante "que veñan a escola felices".
Aquí vos deixo algunhas mostras das actividades que se fixeron ao longo do curso. Non están todas, xa que un pequeno incidente (roubo do meu anterior móbil) fixo que moitas delas se perderan.
Agradecendo outra vez máis a vosa implicación.
Unha aperta.

Ruth

Familia Kiara: Mago Rebo





 Familia Mafalda: Canción e conto.















Familia Gonzalo: Profesións: Médico

















 Familia Kiara: Visita ambulancia



















lunes, 1 de mayo de 2017

Día do libro

Ola a todos e todas:
Para celebrar o Día do Libro, celebrado o pasado 23 de abril, os coelliños tivemos unha sorpresa  de Cascarilla.
Visitamos a biblioteca, onde descubrimos unha fermosa bola do mundo, uns carriños  con contos e unha lampariña nova. Tamén tivemos a ocasión de escoitar  o conto "Adivina cuanto te quiero"
Como xa sabedes, as familias podedes participara na aula en distintas actividades: se estades interesados en vir a contar un conto , estaremos encantados de escoitalo.
Unha aperta.
Ruth







miércoles, 22 de marzo de 2017

Saída ao centro de día Hera

Ola a todos/as:
O pasado mércores realizamos unha saída moi emotiva. Os Coelliños visitaron o centro de día onde traballa a nai da coelliña Sabela.
Chegamos ao centro e os maiores estaban agardándonos. Fixemos unha asamblea acerca da natureza e lles cantamos a canción "A horta de Balbina". Eles tamén nos cantaron unha canción que foi: "Vamos a contar mentiras, tralará". Despois tomamos unha rica merenda e por último axudáronnos a facer un bonito marcapáxinas.
Foi unha experiencia marabillosa ver como os nosos maiores estiveron tan contentos con nós, e tamén como os coelliños gozaron coas súas historias e agarimos.
Estamos seguros que esta saída hai que repetila, porque foi moi enriquecedora para todos/as.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro , en especial á nai de Sabela e a  César, Sonia e Alba que tamén quixeron acompañarnos.
Unha aperta.
Ruth


ASAMBLEA



MERENDA










MANUALIDADES