miércoles, 16 de octubre de 2013

Días de choiva

Onte nos poidemos sair ao patio porque chovía moito pero divertímonos cun conto infantil "El patito feo" coñecido por todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Na páxina de Garabatos tedes unha chea de videocontos útiles para estes días de choiva tan frecuentes na nosa cidade. Recordade que é moi importante que os nenos/as estén acompañados cando lles poñades películas ou debuxos na TV.

lunes, 14 de octubre de 2013

Merendas saudables

Como todo o mundo sabe, unha boa alimentación é básica para o benestar dunha persoa, máis aún cando se trata de nenos e nenas de curta idade. Na nosa clase intentamos que os nenos e nenas gocen cos diferentes alimentos e aprendan que a inxesta de froita é moi importante para o seu corpo. Neste artículo tedes suxerencias de alimentos recomendados para traer á escola.
Unha aperta.
Ruth

sábado, 12 de octubre de 2013

«Sol, solecito»

Outra das cancións que máis queren cantar os nenos e nenas da clase dos Coelliños é a de «Sol, solecito».
Agardemos que este fin de semana poidamos gozar do Sol na nosa cidade. Se ao final chega o frío podedes asistir ao Salón Somos papás no recinto feiral Expo Coruña.

Unha aperta e boa fin de semana.
Ruth

jueves, 10 de octubre de 2013

«Mi payaso juguetón»

Os coelliños e as coelliñas aprenderon unha sinxela canción "Mi payaso juguetón tiruliruliru". Seguro que as familias xa estades cansas de escoitala pero eles sempre a queren cantar.


lunes, 30 de septiembre de 2013

Novos coelliños

Este curso o blog dos Coelliños está destinado aos nenos e nenas que comezan un novo camiño no Ramón de la Sagra. Todos os integrantes do centro están moi contentos de ter novos alumnos/as que durante unha morea de anos compartirán experiencias no nosos colexio; a mestra titora Ruth está moi emocionada desta nova andadura.

Aquí tedes unhas fotos do primeiro día de cole: