miércoles, 23 de abril de 2014

Día do libro

Hoxe é un día especial para todos/as. No cole celebraremos o día do libro e seguro que Cascarilla traerá algunha sorpresa...
Os coelliños e coelliñas queremos que escoitedes un fermoso libro que nos encanta. Agardamos que vos guste.


Feliz día do libro para todos e todas!

lunes, 21 de abril de 2014

Actividades 2º trimestre


Ao longo do 2º trimestre os coelliños e as coelliñas fixeron actividades moi interesantes. Nas seguintes diapositivas e fotos podedes ver algunhas das cousas que fixemos nas últimas semanas.

Coa profe Angélica, tódolos luns aprendemos cancións e danzas moi divertidas. Aquí podedes ver como gozamos co "Carnaval dos animais".











TALLER DO LUME

A nai de Lucas, un alumno da clase dos osiños, veu ao cole para explicarnos como facían lume os homes da prehistoria.



Na saída á Fundación Barrié de la Maza, os coelliños e os gatiños pasámolo moi ben cunha fermosa obra de teatro titulada "De todo corazón",da compañía  Teatro Paraíso.








Outra das actividades que comezamos a facer este trimestre foi
"A mochila do bebé". En colaboración coa biblioteca do noso centro,podemos agasallar ás familias que tiveron recentemente un bebé na súa familia, co préstamo dun lote de libros, cd e xogos destinados a bebés , mamás, papás e irmáns maiores. A primeira familia que levou a "mochila do bebé" foi a de Xoel. Todos os nenos estiveron encantados desta fermosa iniciativa e xuntos fixemos unhas fermosas fotos.




domingo, 30 de marzo de 2014

A sala da Prehistoria

Dende hai varias semanas, os "Coelliños/as" e tódolos nenos e nenas de educación infantil  agardaron con gran entusiasmo a inauguración da Sala da Prehistoria... e por fin, o pasado venres , todos os nenos e nenas, moi abraiados, puideron comprobar como a nosa sala de xogos transformouse nun espazo prehistórico, con cova e mamut incluído.
A partir desta semana poderemos transformarnos en pequenos homes e mulleres prehistóricos, vivindo  coma eles, cazando, pescando , facendo lume...
Xa vos iremos colgando mais fotos dos nenos/as xogando.
Unha aperta
Ruth

















martes, 18 de marzo de 2014

A lingua extranxeira na clase dos Coelliños

Un dos obxectivos da etapa da Educación Infantil é que os nenos e nenas teñan unha primeira aproximación á lingua inglesa.
Os coelliños e as coelliñas reciben, ao igual co resto do alumnado de educación infantil, dúas sesións de 30 minutos semanais de lingua estranxeira inglesa.
Guille, o mestre que está substituíndo a Lucía, ensinoulles unha divertida canción titulada.

"If You're Happy And You Know It"

sábado, 15 de marzo de 2014

Proxecto Prehistoria

Como todos sabedes, os coelliños e coelliñas estamos aprendendo unha chea de cousas acerca da Prehistoria. Todas as familias estades colaborando, e grazas a iso o noso recanto e sala de xogos énchese con novos materiais e recursos.
O papá de Iria, fíxonos un agasallo moi especial, un póster de todos nós vestidos como os homes e mulleres da Prehistoria. Se algunha persoa quere ter o póster, pode pedilo, e eu facilitareille o email de Berto (papá de Iria) Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Unha aperta
Ruth