Enlaces
jueves, 15 de mayo de 2014
miércoles, 14 de mayo de 2014
miércoles, 23 de abril de 2014
Día do libro
Hoxe é un día especial para todos/as. No cole celebraremos o día do libro e seguro que Cascarilla traerá algunha sorpresa...
Os coelliños e coelliñas queremos que escoitedes un fermoso libro que nos encanta. Agardamos que vos guste.
Feliz día do libro para todos e todas!
Os coelliños e coelliñas queremos que escoitedes un fermoso libro que nos encanta. Agardamos que vos guste.
lunes, 21 de abril de 2014
Actividades 2º trimestre
Coa profe Angélica, tódolos luns aprendemos cancións e danzas moi divertidas. Aquí podedes ver como gozamos co "Carnaval dos animais".
TALLER DO LUME
Na saída á Fundación Barrié de la Maza, os coelliños e os gatiños pasámolo moi ben cunha fermosa obra de teatro titulada "De todo corazón",da compañía Teatro Paraíso.
Outra das actividades que comezamos a facer este trimestre foi
"A mochila do bebé". En colaboración coa biblioteca do noso centro,podemos agasallar ás familias que tiveron recentemente un bebé na súa familia, co préstamo dun lote de libros, cd e xogos destinados a bebés , mamás, papás e irmáns maiores. A primeira familia que levou a "mochila do bebé" foi a de Xoel. Todos os nenos estiveron encantados desta fermosa iniciativa e xuntos fixemos unhas fermosas fotos.
domingo, 30 de marzo de 2014
A sala da Prehistoria
Dende hai varias semanas, os "Coelliños/as" e tódolos nenos e nenas de educación infantil agardaron con gran entusiasmo a inauguración da Sala da Prehistoria... e por fin, o pasado venres , todos os nenos e nenas, moi abraiados, puideron comprobar como a nosa sala de xogos transformouse nun espazo prehistórico, con cova e mamut incluído.
A partir desta semana poderemos transformarnos en pequenos homes e mulleres prehistóricos, vivindo coma eles, cazando, pescando , facendo lume...
Xa vos iremos colgando mais fotos dos nenos/as xogando.
Unha aperta
Ruth
A partir desta semana poderemos transformarnos en pequenos homes e mulleres prehistóricos, vivindo coma eles, cazando, pescando , facendo lume...
Xa vos iremos colgando mais fotos dos nenos/as xogando.
Unha aperta
Ruth
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















