martes, 21 de octubre de 2014

viernes, 17 de octubre de 2014

Xuntanza familias

Ola a todos/as:
Recordade que o próximo luns 20 de outubro, na clase dos Coelliños teremos unha xuntanza sobre a información básica do curso 2014/15.
O horario será de 17:00 a 17:30.
Grazas pola vosa colaboración.

Ruth.

jueves, 11 de septiembre de 2014

Primeiro día de cole

Hoxe foi un día especial; os Coelliños volveron á aula (que este curso é nova) despois das vacacións. Todos estaban moi altos, e tamén moi guapos... Estiveron todo o día moi contentos xa que volveron a ver os seus compañeiros/as despois dun longo tempo. Houbo varias sorpresas, temos unha mestra nova, Jenny, que estará connosco durante o 1º trimestre e ademais... visitounos Andrea e todas as mestras de Infantil e especialistas.




miércoles, 10 de septiembre de 2014

Novo curso

Benvidos ao novo curso da clase dos Coelliños. Coma sempre, iremos enchendo de entradas este blog, para que todas as familias e persoas que o desexen poidan ver as actividades que facemos na clase. Desexando que pasemos un bo curso.
Un saúdo
Ruth

sábado, 21 de junio de 2014

Fin de curso

Onte celebramos o último día do curso 2013-2014.  Fixemos unha festa de pompas e todos gozaron cos seus pomperos. Ao final , cando xa marchábamos fixemos unhas divertidas fotos de despedida.
Grazas aos coelliños e as súas familias por facer tan especial este curso que remata.
Unha aperta e... a disfrutar do verán!
Ruth