domingo, 23 de octubre de 2016

Unha chea de actividades

Ola a todos/as:
Os coelliños e coelliñas pouquiño a pouco van integrándose no día a día da aula. Aínda que non comezamos co proxecto (  en breve o faremos), cada vez imos participando  en mais actividades e rutinas. Aquí vos deixo algunhas mostras das cousas que facemos na aula, no ximnasio...


Celebración de aniversarios













Na sala de xogos




Con Ángelica e Adrián na clase de música








Xogando coa plastilina







No ximnasio









Visionado de videos interactivos " Pelayo y su pandilla"








 A profe Carmen do colexio " Nuestra señora del Rosario" contando un conto.




Seguimos xogando, observando e gozando na escola; seguiremos mostrándoos todo o que facemos.
Boa semana para todos/as.
Unha aperta
Ruth

lunes, 17 de octubre de 2016

Clase de psicomotricidade

Estimadas familias:
Os coelliños e coelliñas xa van ao ximnasio a facer xogos de psicomotricidade. Son todos os martes, polo que recordade que os nenos e nenas irán vestidos con chándal ou roupa similar e deportivas de velcro. Esta vestimenta tamén é apropiada para todos os días da semana xa que favorece a autonomía dos mais pequenos.
Unha aperta 
Ruth

Resultado de imaxes para psicomotricidad

lunes, 26 de septiembre de 2016

Aniversarios na aula de Coelliños

Coma xa falamos na xuntanza de principio de curso, as familias que o desexen poden traer dous caramelos para celebrar o aniversario do neno o nena que cumpra anos


Mañá luns, celebraremos o primeiro aniversario e é posible que comamos un biscoito na hora da merenda.Se hai algún neno ou nena que non poda comer biscoito, por favor, que avise a primeira hora.

Resultado de imaxes para tarta cumpleaños TRES

Fin do periodo de adaptación

Chegamos ao final do período de adaptación. A maioría dos nenos e nenas están adaptados ao novo espazo; a aula dos Coelliños, sen embargo aínda hai algúns aos que a mañá se lles fai un pouco longa. Pouquiño a pouco, e con moito agarimo, os nenos e nenas adaptaranse totalmente á nova situación.

Durante a semana pasada traballamos as rutinas de aseo e merenda, xogamos coa cociña, tren,  garaxe... Tamén pintamos e xogamos cos puzzles, saímos ao patio...






























Tamén tivemos unha visita especial, Cuqui, o amigo de César que é un gato moi peculiar co que faremos moitas actividades en lingua inglexa.



Pero o que mais lles gusta aos coelliños e coelliñas e escoitar e aprender cancións: "Mi payaso juguetón", " Tengo un osito", "Sol, soliño", "Tic, tac, Tic, tac, é a hora de marchar", "Mi mono monín", "A mi mono le gusta la lechuga" e outras menos coñecidas coma "Trepsi el payaso".



Boa semana, Ruth