jueves, 31 de octubre de 2013

Samaín

Con motivo da celebración do Samaín, na clase dos Coelliños estamos aprendendo varias cancións.

Samaín


 

Los esqueletos


 

domingo, 27 de octubre de 2013

Parabéns Adriana

Parabéns Adriana.

O pasado venres tivemos unha fermosa noticia. O pai de Adriana contounos que xa nacera a nova irmanciña. Dende a clase dos Coelliños queremos felicitar a toda a súa familia. Xa estamos agardando  que nos faga unha visita. 
Unha aperta.
Ruth

Imagen de fluusimuus con licencia Creative commons CC BY 2.0

miércoles, 23 de octubre de 2013

Xuntanza

O vindeiro luns, as familias dos nenos e nenas da clase dos Coelliños teredes unha xuntanza sobre información xeral do curso 2013/2014.
Agardamos a vosa asistencia.

Nota: Se algunha familia non pode asistir avisade a titora para concertar unha entrevista noutro momento.

jueves, 17 de octubre de 2013

25 coelliños e coelliñas

Aquí tedes a todos os coelliños e coelliñas. Un bo día para facerse unha foto de grupo xa que hoxe asistimos todos á clase. Con nós posaron tamén Andrea e Sofía que estarán connosco todo o 1º trimestre.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Días de choiva

Onte nos poidemos sair ao patio porque chovía moito pero divertímonos cun conto infantil "El patito feo" coñecido por todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Na páxina de Garabatos tedes unha chea de videocontos útiles para estes días de choiva tan frecuentes na nosa cidade. Recordade que é moi importante que os nenos/as estén acompañados cando lles poñades películas ou debuxos na TV.

lunes, 14 de octubre de 2013

Merendas saudables

Como todo o mundo sabe, unha boa alimentación é básica para o benestar dunha persoa, máis aún cando se trata de nenos e nenas de curta idade. Na nosa clase intentamos que os nenos e nenas gocen cos diferentes alimentos e aprendan que a inxesta de froita é moi importante para o seu corpo. Neste artículo tedes suxerencias de alimentos recomendados para traer á escola.
Unha aperta.
Ruth

sábado, 12 de octubre de 2013

«Sol, solecito»

Outra das cancións que máis queren cantar os nenos e nenas da clase dos Coelliños é a de «Sol, solecito».
Agardemos que este fin de semana poidamos gozar do Sol na nosa cidade. Se ao final chega o frío podedes asistir ao Salón Somos papás no recinto feiral Expo Coruña.

Unha aperta e boa fin de semana.
Ruth

jueves, 10 de octubre de 2013

«Mi payaso juguetón»

Os coelliños e as coelliñas aprenderon unha sinxela canción "Mi payaso juguetón tiruliruliru". Seguro que as familias xa estades cansas de escoitala pero eles sempre a queren cantar.