viernes, 22 de noviembre de 2013

Somos artistas!!

Queridas familias:
Xa estamos a traballar coas obras de Picasso. É o momento de que empreguedes a vosa creatividade para facer unha obra de arte. Comezamos a traballar na aula co cadro “Peras y manzanas”, do que levades unha copia Atrevédesvos a elaborar unha maqueta do mesmo? Podedes empregar calquer tipo de material (reciclado, de refugallo, da natureza...) e tamén podedes representar as froitas que máis vos gusten. Que voe a imaxinación! Esperamos con entusiasmo as vosas creacións a semana que vén. Todas elas serán expostas no museo final dos Coelliños e Gatiños artistas.
Un saúdo, Andrea, Sofía, Ruth e María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario