Hoxe tivemos unha visita moi especial. Uns amigos de Adriana viron á nosa escola para contarnos un conto dun elefante; estivemos xuntos os Coelliños e os Gatiños. O elefante non podía escoitar, polo que tivo que ir ao otorrinolaringólogo . O otorrinolaringólogo lle dixo que se puxera uns audífonos para poder escoitar.
O mellor de todo foi que hoxe o elefante Oliver apareceu na nosa escola. Todos estivemos moi contentos porque Oliver cos seus audífonos xa podía escoitar e cantar.
Aprendimos unha chea de cousas entre as que destacamos:
- Os nenos que non escoitan poden utilizar audífonos ou implantes cocleares.
- Son moi importantes as revisións nos otorrinos.
- O lavado de oídos é recomendable facelo tan só con auga.
Grazas a Asociación Acopros por desenvolver hoxe esta fermosa actividade.
Podedes ler o conto en pdf aquí: www.cedaf.com.gt/pdf/5oliver.pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario