Coma xa falamos na xuntanza de principio de curso, as familias que o desexen poden traer dous caramelos para celebrar o aniversario do neno o nena que cumpra anos
Mañá luns, celebraremos o primeiro aniversario e é posible que comamos un biscoito na hora da merenda.Se hai algún neno ou nena que non poda comer biscoito, por favor, que avise a primeira hora.
Chegamos ao final do período de adaptación. A maioría dos nenos e nenas están adaptados ao novo espazo; a aula dos Coelliños, sen embargo aínda hai algúns aos que a mañá se lles fai un pouco longa. Pouquiño a pouco, e con moito agarimo, os nenos e nenas adaptaranse totalmente á nova situación.
Durante a semana pasada traballamos as rutinas de aseo e merenda, xogamos coa cociña, tren, garaxe... Tamén pintamos e xogamos cos puzzles, saímos ao patio...
Tamén tivemos unha visita especial, Cuqui, o amigo de César que é un gato moi peculiar co que faremos moitas actividades en lingua inglexa.
Pero o que mais lles gusta aos coelliños e coelliñas e escoitar e aprender cancións: "Mi payaso juguetón", " Tengo un osito", "Sol, soliño", "Tic, tac, Tic, tac, é a hora de marchar", "Mi mono monín", "A mi mono le gusta la lechuga" e outras menos coñecidas coma "Trepsi el payaso".
Benvidos ao curso 2016/2017, que seguro será un tempo estupendo, onde aprenderemos, xogaremos, experimentaremos... e sobre todo, intentaremos que os nenos e nenas sexan o mais felices posible.
Hoxe foi un día intenso xa que os novos coelliños e coelliñas acudiron ao centro por primeira vez.
Foi todo bastante ben, agardamos que mañá sexa coma hoxe, pero se non é así, non vos preocupedes, pouquiño a pouco os nenos e nenas irán integrándose e adaptándose á nova situación.
Na clase, estaremos Angélica, Susana, César, Montse e mais eu, intentando que os nenos/as o pasen o mellor posible. Algúns días, mais adiante, viran Soles (psicomotricidade) e Chus (ensinanzas de relixión) e durante tres meses tamén estará Sonia que nos acompañará durante todas as clases.