Enlaces
jueves, 31 de octubre de 2013
Samaín
Con motivo da celebración do Samaín, na clase dos Coelliños estamos aprendendo varias cancións.
domingo, 27 de octubre de 2013
Parabéns Adriana
Parabéns Adriana.
O pasado venres tivemos unha fermosa noticia. O pai de Adriana contounos que xa nacera a nova irmanciña. Dende a clase dos Coelliños queremos felicitar a toda a súa familia. Xa estamos agardando que nos faga unha visita.
Unha aperta.
Ruth
Imagen de fluusimuus con licencia Creative commons CC BY 2.0
miércoles, 23 de octubre de 2013
Xuntanza
O vindeiro luns, as familias dos nenos e nenas da clase dos Coelliños teredes unha xuntanza sobre información xeral do curso 2013/2014.
Agardamos a vosa asistencia.
Nota: Se algunha familia non pode asistir avisade a titora para concertar unha entrevista noutro momento.
Agardamos a vosa asistencia.
Nota: Se algunha familia non pode asistir avisade a titora para concertar unha entrevista noutro momento.
jueves, 17 de octubre de 2013
25 coelliños e coelliñas
Aquí tedes a todos os coelliños e coelliñas. Un bo día para facerse unha foto de grupo xa que hoxe asistimos todos á clase.
Con nós posaron tamén Andrea e Sofía que estarán connosco todo o 1º trimestre.
miércoles, 16 de octubre de 2013
Días de choiva
Onte nos poidemos sair ao patio porque chovía moito pero divertímonos cun conto infantil "El patito feo" coñecido por todos os nenos e nenas de Educación Infantil.
Na páxina de Garabatos tedes unha chea de videocontos útiles para estes días de choiva tan frecuentes na nosa cidade.
Recordade que é moi importante que os nenos/as estén acompañados cando lles poñades películas ou debuxos na TV.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)