lunes, 17 de febrero de 2014

San Valentín!

O pasado venres , na clase dos Coelliños celebramos o día de San Valentín. Fixemos corazóns vermellos para agasallar as familias cunha bonita postal. Pasámolo moi ben.
Aquí vos deixo unhas fotiños.
Unha aperta
Ruth




lunes, 10 de febrero de 2014

Proxecto Prehistoria

Nos vindeiros meses, no noso cole traballaremos todos xuntos sobre un tema moi interesante "A Prehistoria". Na clase dos Coelliños xa imos enchendo, pouquiño a pouco, o novo recanto de proxectos.
Os últimos días escoitamos unha bonita historia dun novo amigo Chucu, que un día soñou que chegaba aos tempos da Prehistoria. Tamén vimos vídeos da serie "Érase una vez el hombre". Aquí vos deixo o enlace.
Unha aperta
Ruth

domingo, 9 de febrero de 2014

Educación en valores

Como todos sabedes, na clase dos Coelliños e no noso centro , dámoslle unha importancia especial á integración dos valores nas aulas.
O 30 de Xaneiro, con motivo da conmemoración da morte de Gandhi, en 1964, celebramos o Día da Paz con distintas actividades: elaboración de murais, bailes e cancións, lectura de contos e decorado de mandalas.

miércoles, 29 de enero de 2014

O noso corpo

Na clase dos Coelliños seguimos traballando o tema da Educación para a Saúde. A través das aventuras de Pelayo e os seus amigos aprendemos as necesidades básicas do corpo: comida adecuada, ir ao baño, descansar...
Visita a Pelayo

Os mestres e as familias debemos ser conscientes da importancia que ten unha boa saúde para o desenvolvemento dos nenos e nenas destas idades. Aquí vos deixo unha páxina onde podedes ter información interesante desta temática: www.familiaysalud.es

Unha aperta
Ruth

sábado, 18 de enero de 2014

Educación para a saúde

Ola!
Xa estamos de volta despois das vacacións de nadal, e na clase dos coelliños volvemos con novas actividades e xogos. Onte, estivemos aprendendo que os nenos e nenas non poden utilizar algúns instrumentos e aparellos como os coitelos, cutters ou tesoiras. Os nenos/as estiveron moi atentos e divertironse moito cas aventuras e explicacións do novo amigo "Tolo". Aquí podedes ver vídeos e actividades interesantes sobre este tema. http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303196843/contido/e_por_que/eporque2.html