viernes, 29 de noviembre de 2013

A clase dos Pitiños e dos Peixiños na portada do xornal «El Ideal Gallego»

Unha fermosa sorpresa recibiron onte os maiores de Educación Infantil!

Cando chegaron ás aulas, os Peixiños e os Pitiños puideron comprobar que o seu proxecto saíra na portada dun importante xornal: «El Ideal Gallego»

O traballo do seu proxecto e o esforzo de nenos/as, mestras e familias tivo a súa recompensa con esta noticia que podedes ver na web: «Los periodistas del futuro afilan sus plumas en Infantil»

Parabéns.



Aquí tedes o pdf da portada do xornal «El Ideal Gallego» do día 27 de novembro de 2013.

sábado, 23 de noviembre de 2013

A pequena toupa

O pasado xoves os Coelliños fixeron a súa primeira saída. Vimos seis cortos dunha pequen toupa. Déixovos o enlace por si queredes pasar unha tarde de cine en familia: www.dailymotion.com/video/x4qbtb_krtecek-7_shortfilms.
Unha aperta e boa fin de semana.
Ruth.


Krtecek - 7 por zdnovy






viernes, 22 de noviembre de 2013

Somos artistas!!

Queridas familias:
Xa estamos a traballar coas obras de Picasso. É o momento de que empreguedes a vosa creatividade para facer unha obra de arte. Comezamos a traballar na aula co cadro “Peras y manzanas”, do que levades unha copia Atrevédesvos a elaborar unha maqueta do mesmo? Podedes empregar calquer tipo de material (reciclado, de refugallo, da natureza...) e tamén podedes representar as froitas que máis vos gusten. Que voe a imaxinación! Esperamos con entusiasmo as vosas creacións a semana que vén. Todas elas serán expostas no museo final dos Coelliños e Gatiños artistas.
Un saúdo, Andrea, Sofía, Ruth e María.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Los audífonos de Oliver

Oliver y sus audífonos

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Uns amigos de Adriana viron á nosa escola para contarnos un conto dun elefante; estivemos xuntos os Coelliños e os Gatiños. O elefante non podía escoitar, polo que tivo que ir ao otorrinolaringólogo . O otorrinolaringólogo  lle dixo que se puxera uns audífonos para poder escoitar.
O mellor de todo foi que hoxe o elefante Oliver apareceu na nosa escola. Todos estivemos moi contentos porque Oliver cos seus audífonos xa podía escoitar e cantar.
Aprendimos unha chea de cousas entre as que destacamos:
  1. Os nenos que non escoitan poden utilizar audífonos ou implantes cocleares.
  2. Son moi importantes as revisións nos otorrinos.
  3. O lavado de oídos é recomendable facelo tan só con auga.

Grazas a Asociación Acopros por desenvolver hoxe esta fermosa actividade.

Podedes ler o conto en pdf aquí: www.cedaf.com.gt/pdf/5oliver.pdf.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día internacional do neno/a


Parabéns a todos os papás e mamás no Día internacional do neno/a.

Canción e conto do magosto

Os coelliños e coelliñas aprendimos unha fermosa canción Yo soy la castañera improvisando unha versión personal. Aquí vos deixamos a letra para que os papás e mamás poidades cantar cos nenos/as.
Yo soy la castañera
castañas te vendo yo

son ricas y calentitas
todas de color marrón

te puedo vender una
te puedo vender dos

y todas, todas toditas
te las doy con mi corazón.
Tamén vimos un conto sobre unha castañeira na pizarra dixital; aquí vos deixo o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=uikNJB4ObIU

domingo, 17 de noviembre de 2013

Magosto no cole

O pasado venres, a clase dos Coelliños participou no seu primeiro magosto no «Ramón de la Sagra». Os peques pasárono de marabilla bailando co resto dos nenos e nenas do cole. Algúns non tiveron moitas ganas de experimentar co sabor das castañas recen asadas sen embargo outros case se empachan.
Un día diferente no que nenos/as e maiores pasámolo fenomenal.

A importancia do xogo

Dentro da metodoloxía utilizada na etapa de Educación Infantil, o xogo ocupa un lugar de gran importancia, xa que favorece a adquisición de aprendizaxes significativos nos nenos e nenas destas idades.
No espazo da Sala de xogosos os Coelliños/as aprenden a compartir, a gozar con novos materiais e a simular e imitar diferentes roles:  xogar a médicos, disfrazarse, facer comidas...



lunes, 11 de noviembre de 2013

De museos...


Esta semana na nosa cidade as visitas aos museos serán gratuitas.
Aquí vos deixo o enlace da noticia.
Unha aperta
Ruth

Os coelliños van á biblioteca.

O  contacto temperá cos  libros favorece a curiosidade e o gusto pola lectura polo que na clase dos Coelliños , todos os días adicamos un tempo a lectura de contos, poesías, adiviñas... e outras formas de literatura infantil.
O papel dos adultos  é  fundamental para que este tempo de lectura sexa grato e apropiado.
O pasado martes os nenos e nenas comezaron unha nova actividade semanal " o préstamo na biblioteca do centro".
Recordade que todos os martes , os Coelliños terán que traer o  libro e carnet de usuario na súa carpeta laranxa. 
Grazas pola vosa colaboración
Ruth

sábado, 2 de noviembre de 2013

Recursos TIC

Hoxe  no  noso blog , dous recursos moi interesantes para que os nenos e nenas se inicien no uso dos medios tecnolóxicos. Con eles os nenos/as progresaran no uso do rato.
Ruth



Cabazas en familia

Grazas a colaboración das familias de todo o ciclo de Educación Infantil os nosos corredores están fermosamente decorados. As cabazas que fixeron os Coelliños son espectaculares e dan moito MEDOOOO.

Merenda de medo

O pasado mércores, os Coelliños e os Gatiños tivemos unha xornada especial. Todos xuntos tivemos unha merenda diferente, unha merenda de medo moi fácil de realizar. Os ingredientes son os seguintes: Sobaos, chocolate branco e virutas de chocolate negro. Os nenos/as estiveron encantados.