martes, 31 de diciembre de 2013

Feliz ano

Os meus mellores desexos para o ano 2014.

Imagen de artisrams bajo licencia CC BY-ND 2.0

Unha forte aperta.
Ruth

martes, 24 de diciembre de 2013

Felices festas

Unha vez rematado este 1º trimestre dos "coelliños/as" gozaremos duns días de vacacións.
Unha aperta para todos/as, en especial para Andrea que tras uns meses con nós, volta a Universidade.
Ruth

jueves, 19 de diciembre de 2013

Casa museo Picasso

Este trimestre os nenos e nenas da clase aprenderon acerca da vida e obra de Picasso. Seguro que xa vos contaron que nunha etapa, Picasso viviu na nosa cidade. Pois ben, como broche final ao proxecto que estivemos a levar a cabo durante este trimestre, hoxe estivemos na casa onde viviu Picasso cando permaneceu en A Coruña.
Aquí tedes o enlace por se vos apetece volver a visitala cos vosos fillos/as:
Casa Museo Picasso


Os maiores visitan a nosa clase.

Xa queda moi poco para que cheguen os Magos de Oriente,  polo que os Coelliño@s estuvieron a facer as súas cartas para deixarllas ao carteiro real. O mellor de todo foi que os nenos/as maiores foron os nosos "padriños" e axudáronnos escribindo; porque nós , por agora, necesitamos un pouco de axuda.
Un biquiño moio grande para todos eles/as e para as súas mestras Juana e Ana.







martes, 17 de diciembre de 2013

Panxoliñas especiais

Hoxe na escola fixemos unha cousa máis que interesante, cantamos unha panxoliña con linguaxe de signos. Aquí podedes ver a Tania ensinándonos a tan coñecida panxoliña de «Navidad, dulce Navidad». Ao longo do curso intentaremos aprender algunha canción máis. Xa vos iremos contando...

viernes, 13 de diciembre de 2013

Feliz fin de semana

Como parece que este fin de semana non imos ter un tempo demasiado agradable, aquí vos deixo unhas suxerencias para pasar un bo rato en familia.
Unha aperta.
Ruth

Visitando a biblioteca

Hoxe tivemos una saída. Sabedes o que fixemos?
Estivemos na biblioteca González Garcés. Alí hai una marea de libros, Elena contounos algúns deles, pero o que máis nos gustou foi «OH!» escrito por Josse Goffin e editado pola editorial Kalandraka que ten libros moi recomendables para os nenos e nenas pequenas.


A lectura de libros e o acercamento á literatura está presente no día a día da nosa escola, por iso intentamos levar a cabo actividades e experiencias que favorezan o gozo pola lectura nos máis pequenos/as.
É moi importante que escola e familia compartan os mesmos criterios educativos polo que vos animo a asistir as bibliotecas da nosa cidade ou a centros cívicos onde se leven a cabo actividades de "contacontos" para os vosos fillos/as.
Se tedes ocasión participade cos vosos fillos nas actividades que ofrecen as diferentes bibliotecas:



miércoles, 11 de diciembre de 2013

Canción de Nadal

Era Rodolfo un reno
Os Coelliños e os Gatiños estamos aprendendo unha canción de Nadal titulada «Era Rodolfo un reno» que cantaremos todos xuntos ao resto das clases de Educación Infantil.
Pese a que é unha canción moi bonita, as mestras cantan máis que os nenos/as polo que vos deixo este enlace para que a escoitedes na casa.

Unha aperta.
Ruth.

lunes, 9 de diciembre de 2013

Exposición Picasso

Como xa sabedes os nenos e nenas da clase dos Coelliños e dos Gatiños estamos a traballar con cadros de famoso pintor Pablo Picasso. Na entrada do colexio podedes ver todas as cousas que fixeron os nenos/as.
Nas seguintes fotos podedes ver como os Coelliños convertéronse en pintores dun famoso cadro "Peras y Manzanas".
Máis adiante  faremos un novo post con todas as fotos.
Sen a colaboración das familias  a exposición nos puidera terse realizado.
Unha aperta e grazas por todo.


domingo, 8 de diciembre de 2013

Vaia sorpresas!

Fai uns días os Coelliños e os Gatiños recibimos dúas sorpresas moi especiais. Un coelliño e un gatiño de verdade fixéronnos unha visita. Todo estivemos moi atentos e aprendemos un montón de cousas sobre cada animal. A interacción con animais é moi beneficiosa para os nenos e nenas xenerando actitudes positivas sobre si mesmo e sobre os demais.

domingo, 1 de diciembre de 2013

Educación vial

A clase dos Coelliños fixo a súa primeira saída en bus. Todos os nenos e nenas estaban moi entusiasmados e comportáronse dunha forma excepcional nesta primeira viaxe no CEIP  "Ramón de la Sagra". Antes da saída recordamos as normas básicas de educación vial, tanto de peóns como de viaxeiros de bus.
Aquí tedes as fotos onde podedes comprobar como todos os nenos/as levaban posto o seu cinturón de seguridade no transporte escolar.


A labor dos educadores e das familias é fundamental para que os nenos/as aprendan as normas básicas de seguridade vial do trasporte escolar, dos peóns e da utilización dos distintos sistemas de retención infantil nos vehículos. Nas seguintes páxinas tedes información útil de diversos sistemas de retención infantil para nenos e nenas de distintas idades:
· La silla que cuida - DGT
· retensioninfantil.blogspot.com