viernes, 29 de noviembre de 2013

A clase dos Pitiños e dos Peixiños na portada do xornal «El Ideal Gallego»

Unha fermosa sorpresa recibiron onte os maiores de Educación Infantil!

Cando chegaron ás aulas, os Peixiños e os Pitiños puideron comprobar que o seu proxecto saíra na portada dun importante xornal: «El Ideal Gallego»

O traballo do seu proxecto e o esforzo de nenos/as, mestras e familias tivo a súa recompensa con esta noticia que podedes ver na web: «Los periodistas del futuro afilan sus plumas en Infantil»

Parabéns.



Aquí tedes o pdf da portada do xornal «El Ideal Gallego» do día 27 de novembro de 2013.

sábado, 23 de noviembre de 2013

A pequena toupa

O pasado xoves os Coelliños fixeron a súa primeira saída. Vimos seis cortos dunha pequen toupa. Déixovos o enlace por si queredes pasar unha tarde de cine en familia: www.dailymotion.com/video/x4qbtb_krtecek-7_shortfilms.
Unha aperta e boa fin de semana.
Ruth.


Krtecek - 7 por zdnovy






viernes, 22 de noviembre de 2013

Somos artistas!!

Queridas familias:
Xa estamos a traballar coas obras de Picasso. É o momento de que empreguedes a vosa creatividade para facer unha obra de arte. Comezamos a traballar na aula co cadro “Peras y manzanas”, do que levades unha copia Atrevédesvos a elaborar unha maqueta do mesmo? Podedes empregar calquer tipo de material (reciclado, de refugallo, da natureza...) e tamén podedes representar as froitas que máis vos gusten. Que voe a imaxinación! Esperamos con entusiasmo as vosas creacións a semana que vén. Todas elas serán expostas no museo final dos Coelliños e Gatiños artistas.
Un saúdo, Andrea, Sofía, Ruth e María.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Los audífonos de Oliver

Oliver y sus audífonos

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Uns amigos de Adriana viron á nosa escola para contarnos un conto dun elefante; estivemos xuntos os Coelliños e os Gatiños. O elefante non podía escoitar, polo que tivo que ir ao otorrinolaringólogo . O otorrinolaringólogo  lle dixo que se puxera uns audífonos para poder escoitar.
O mellor de todo foi que hoxe o elefante Oliver apareceu na nosa escola. Todos estivemos moi contentos porque Oliver cos seus audífonos xa podía escoitar e cantar.
Aprendimos unha chea de cousas entre as que destacamos:
  1. Os nenos que non escoitan poden utilizar audífonos ou implantes cocleares.
  2. Son moi importantes as revisións nos otorrinos.
  3. O lavado de oídos é recomendable facelo tan só con auga.

Grazas a Asociación Acopros por desenvolver hoxe esta fermosa actividade.

Podedes ler o conto en pdf aquí: www.cedaf.com.gt/pdf/5oliver.pdf.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día internacional do neno/a


Parabéns a todos os papás e mamás no Día internacional do neno/a.